Desde que hai máis dun ano (en 2009) desde esta casa (co blog ou máis aínda co feisbu) a revolta da mocidade teheraní contra o réxime de Ahmadineyad fose apoiada e seguida con especial interese, teño que recoñecer que os sectores da esquerda, de automatismo antiamericano, foron mudando de opinión. E hoxe resulta de agradecer que ese universo, de piñón fixo, sempre condescendente con calquera réxime que puxera en apretos o imperialismo estadounidense, comprendera a necesidade de apoiar os valores da liberdade e da igualdade dos homes e das mulleres nas revoltas contra os sátrapas. Dá gusto velos animar desde os foros interneteiros a instauración da democracia nestes países. Que así sexa sempre. Pekín tamén espera.
3 commenti:
Es que usted es un verdadero visionario, adalid del único y verdadero progresismo, defensor de débiles y causas justas allá donde las hubiere. De justicia es reconocerlo (y este post).
Y usted que lo vea, amigo Anónimo.
O que está suceder en Tunisia e en Exipto xa o vira vir alguén, hai xa ben tempo:
"No sabe pueblo ayuno temer muerte / armas quedan al pueblo despojado"
Inda que sospeito que o pobo non se contenta cun simple cambio de ministros... e que vai ser iso, soamente iso, o que ao final se lle ofreza.
Posta un commento