Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 novembre 2011

O LESTE



Houbo un tempo, que dura unha vida, no que soñaba que durmía nunha casa de Venecia, nun cuarto que comunicaba, en días de canícula e manso orballo, cun patio de recreo. No cuarto, estampas de máscaras e bufóns en San Polo. No limiar, baixo a neve do gelsomino, unha muller que abraza o meu corpo. Na illa que esquecen pisar os amantes, a luz quebrada da lúa. Na ponte que conduce ao ghetto, no bico que anuncia a tempesta, unha lembranza íntima de dunas.      

2 commenti:

Son Unha Xoaniña ha detto...

A verdade é que tes uns soños maravillosos, poque este de durmir en Venezia ao carón de máscaras etc. . .
Eu soñei con paseala nun día de primavera soleado, coa marea baixa para podela andar sin auga. . .
Xa deixou de ser un soño.
Saúdos.

ms ha detto...

Está tamén esa Venezia de atmósfera pegañenta, pedra carcomida e auga alodada, que infunde terror, como na película "Don't Look Now", aka "Amenaza en la sombra", aka "Inverno de Sangue em Veneza" (Brasil), con Donald Sutherland.