Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 maggio 2007

A RESACA DAS LETRAS

Con todos os rexistros (apocalipse inmediata, confianza suma, exaltación folclórica, reivindicación morna, rexeitamento frontal, esnobismo pangalaico, indiferencia puturrudefuá, cinismo á violeta, lirismo pedestre, parole-parole, emotividade baleira, entusiasmo patriótico, infantada terrible, moco tendido, reticencia obrigada, trámite burocrático, indirecta quehaidomeu, entre outros) os artigos celebrativos do magno Galician Letter's Day coincidiron nunha cousa: que incómodo resulta falarmos disto! Pero, se é así, que carallo fan mantendo esta liturxia que a ninguén convence?
[Julian Schnabel, Nena grande sen ollos, 2001]

5 commenti:

besbe ha detto...

As letras hai que lelas e innovar un pouquichiño na súa celebración ou algo así.

R.R. ha detto...

É o primeiro comentario que leo ó respecto -acabo de entrar no blogomillo, -pero penso que ha de ser o máis acertado. Xa lle direi cando lea o último.

Zerovacas ha detto...

Debate pendente. Hai que cambiar moitas cousas, moitísimas, para facer revivir este día (o cortexo cívico da Coruña non é un mal comezo). Pero eu sigo defendendo que se´ria un grande erro eliminar o seu carácter de festivo laboral. Explícome: a unha celebración moribunda, iso é o único que lle queda. Un Día das Letras laborable tería unha incidencia social equiparable ao Día da Árbore.

Anonimo ha detto...

Ben traído o do día da árbore. Eu lembro máis dun deles, coas chocolatinas que nos daban, a envexa que sentía polos que lles tocaba facer o furado e prantar alí a árbore (que inda hoxe estará a medrar). Saíamos da clase todos xuntos, era un día realmente especial, sabiamos que era algo importante.
Polo contrario, lembrar lembrar, o que se di lembrar, non dou lembrado ningún día das Letras Galegas a metade de emotivo que calquera dos días das árbores que celebrei. En realidade non lembro ningún. Ao mellor, Zerovacas, non estaría tan mal que o día das letras tivera unha incidencia social equiparable ao Día da Árbore. Sería unha posibilidade.

torredebabel ha detto...

que fan? pois coido que criticar, que sempre é mais doado e descansado que buscar novos xeitos de facer as cousas. Digo eu...