Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 giugno 2007

OUTRA DE FÚTBOL; ESTA DE CALCIO

O 14 de Xuño cumprironse 25 anos do primeiro partido da squadra azzurra en Vigo contra Polonia (0-0). Os xornais italiáns lembran aquel ano con orgullo porque contrarrestaron con aquela heroicidade (gañar á Arxentina de Maradona e ao Brazil de Zico e Sócrates) os anos de chumbo, coa figura daquel Pertini que hoxe aínda admiran. O ano pasado tamén alzaron a copa, pero andan, con estas conmemoracións, de comparanzas. En ámbolos dous casos, nunca empezaron tan mal para rematar tan ben. Neste xogo, o último, sen dúbida, ríe moito mellor. Agardo que en Tarragona se escarallen de risa mañán á noite.

Nessun commento: