Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 ottobre 2007

NORABOA RUBÉN


Rubén Ruibal gaña o Nacional de Teatro. Desde esta casa que é a súa, unha aperta enorme e unha ledicia moi grande. Como lle dixen no seu blog, está apalabrada a quedada birrística no Galician Star de Four Ways en Coruña. Agardando pola data e a hora, bicos de nait bilons tulovers.
Repito ilustración, pero a ocasión píntana calva. Outro día falo disto.

13 commenti:

Nuca ha detto...

pois mandareille tamén os meus parabéns

Anonimo ha detto...

O Rubén é moito Rubén, é +rubén

Ana Bande ha detto...

Que premio tan merecido, si señor, vouno celebrar agora mesmo.

Fada Branca ha detto...

parabéns

albagal ha detto...

Que grande é ese libro, comentaban na Lonxa que había xente á que non lle gustaba ler teatro e si Limpeza de Sangue. Así que é unha forma de adentrarse a ler textos dramáticos.

Parabéns a Rubén!

Anonimo ha detto...

Non o lin nin coñezo o autor. Pero vaian tamén os meus parabéns.

Lula Fortune ha detto...

Noraboa para Rubén. E para todos os que xa lestes o libro. Como din en italiano: "Peccato!!, eu ainda non. Un bico.

Anonimo ha detto...

Pero a ver, Apicultor... A qué andamos? Non me coñece a don Rubén? Nin Limpeza de sangue? Mecajinantodo...
E ti, Lula, qué? Vou a empezar a repartir estopa. Colles ese libro e até que o remates non levantes a cabeza. Tanto Sailor, tanto Sailor...

Anonimo ha detto...

Albagal: vostedes tiveron a sorte de coñecelo in person. Nós, a pesar dos pesares, non o coñecemos. Só a través deste instrumento fantástico dos ordenadores. Pero, aínda así, como naquel libro de Cortázar: Queremos tanto a Rubén.
Non se me pase, de la highway, que hai pa tós. Xa estou negociando a intervención na obra de todos, aínda que sexa de extras. Vaian preparándose que hai que actuar nunha sala de diálese. Eu, que caio cando vexo o sangue. E se o IGAEM non ten cartos, abofé que lle facemos nós a producción, a escote. Ou non?

Anonimo ha detto...

Home, amigo Ru..., digo De la Highway 61, o meu era por ser educado e por sumarme ao coro das felicitacións (teño nostalxia do gregario).

Escoitei o flamante e flamíxero autor na radio e lin reseñas na prensa, pero non sei, non sei. Non sei se lerei a obra, moi notoria con toda seguridade, pero é que a min dame moitísimo llu-llu iso dos hospitais e dos enfermos: diálise, arrenégote demo!

En todo caso, conten coa miña parte alicuota para a montaxe que lle sisaron os do CDG, pero non me pidan que vaia vela, non. So pena de que me dea unha baixada de tensión e arruine o espectáculo.

(Ben pensado... se me acompaña meu irmán co maletín, faría un esforzo e iría vela, todo sexa por vostedes, comediantes da legua)

R.R. ha detto...

"Señor arumes, comentaristas todos: antes de nada, moitísimas gracias."
¿Dáseme ben o estilo discurso?

Señor apicultor: eu téñolle un primo que quero moito (do que nunca uso as súas frases sen o seu permiso fóra de contexto) que tampouco leu Limpeza de Sangue polos mesmos motivos. Pero vostede vaia comprando o libro... xD

E a todos os demáis, moitísimas gracias.

Señor Arumes: vaia pensando a ver cando lle coincide volver polo Norte e tomámoslle unha co mestre dlH61. Pago eu, vale.

Saúde.

R.

Anonimo ha detto...

En Nadal está feito. Alí estaremos: quede co mestre e vamos. Arremecajina, como blasfema delahighway61.

Anonimo ha detto...

Vale, amigo Rubén, prométolle que na vindeira semana mercarei o seu libro e que, ademais, farei intención de lelo. E cando se represente, alí estarei na fila sete. Todo sexa por axudar a amoblarlle a casa para que os seus xemelgos se sintan cómodos e felices (ese si que é traballo!). Por certo, comparto o seu malestar por non ter recibido a felicitación da Conselleira: vaia túzara!