Caxigalines nella Reguera'l Campizu

30 marzo 2008

CELTA DE VIGO - SPÓRTING DE XIXÓN


Coas desculpas a Brétemas pola ocasional competencia, farei crónica do partido do Celta de hoxe a mañán. Pero con escasas pretensións: só para afirmar que o cadro celeste non ten equipo nin para subir a primeira nin case para xogar ao fútbol (non convén esquecer que está tan cerca de primeira como de segunda B: oito puntos) e que o Spórting aínda ten que xogar un pouco máis se quere subir de categoría. Cousa que desexo afervoadamente á vista da exemplar aficción (siareiros e siareiras en grupos familiares, algo digno de loubar nun deporte onde os homes mozos adoitan ser a norma) que o acompaña. Aparte, claro está, de indisimuladas afinidades por vía paterna.

O partido foi malo de solemnidade, a pesar dos comentarios benevolentes dos narradores do partido, afeitos xa a un estilo de fútbol intragable. Lembro con moita dificultade algunha xogada de mérito no Celta, se non contamos o excelente patadón (non paradón) de Esteban, principio e final do ataque celtista. Ausentes defensas (dignos imitadores do porteiro nos avants, que non pases), medios (Larena non está para xogar ao fútbol en campo grande) co mérito indudable de tirarse ao chan para sacarlle o balón ao contrario con moito esforzo e entregarllo despois sen o máis mínimo traballo e cunha xenerosidade que será recompensada supoño cando o spórting suba a primeira, e dianteiros mareados de tanto mirar para o ceo por ver de onde ven o balón. Algún xogador, visto que non había equipo por ningures, alomenos a uns 100 metros de distancia, decidiu correr co balón entre as pernas ata marcador por contentar á aficción más atlética (faltoulle un tris para correr fóra da herba que era o que correspondía) e, de paso, ao entrenador, que debe de estar dando gracias á directiva por darlle a oportunidade única de entrenar uns días en segunda división.

O dito: se non sube o Celta, que o faga o gran Spórting e a gran aficción de Xixón que ben o merece.

4 commenti:

Xaime ha detto...

Que lle pasa o seu Barça, Arume. Medo a altura.
Non sei como dicirlle que Vigo e Xixón se lle quedan pequenos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Non sei que lle pasa ao Barça: xa me gustaría a min sabelo. Menos samba e máis traballar. Creo eu. O seu Atleti tampouco é para botar foguetes: "menúos maeros", como dicimos en Asturies.

Xaime ha detto...

Jo, e que crein que era amigo e non se ía meter conmigo

DIARIOS DE RAYUELA ha detto...

Me alegra ese deseo final.
Tanto como que la "mareona" -así llamamos a esa turba bullanguera que va escanciando sidra por todo el pais con la disculpa del fútbol-, haya dejado una buena imagen en tu tierra.
Un abrazo.