Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 marzo 2008

DE RUIDO


Non foi día favorable, pero agardábao. Andamos con lideiras por mor dos cambios de planos de estudo e non é o meu choio o mellor lugar para solucionar con celeridade e eficacia os problemas. Normalmente tenden a enquistarse e, o que é pior, a condicionar a vida persoal dos que alí traballamos. Levo un par de meses debatindo propostas e máis propostas, dando voltas á idoneidade do que se presenta. E, sen embargo, todo se decide en cuestión de minutos. Todo o mundo insiste que o debate nunca está de máis, pero, ás veces, un marcha coa sensación de estar perdendo o tempo. Hoxe teño esa clara sensación. É máis: dame a impresión de que estiven a facer o parvo. Podían decirmo antes e excusaba seguir adiante. O curioso do caso é que moi probablemente a decisión hoxe adoptada non remate así. Porque a falsa democracia de votar nunha asamblea para compracencia dos inxenuos combate coa hábil estratexia de quen percura os réditos ás agochadas, no silencio da escuridade da intriga.

Espero que toda esta desilusión se difumine ao longo destas vacacións polo interior das Castelas e coa calor de Murcia. Pero, á volta, xa estou vendo como o que parecía xa arranxado recobra vida para volver tocar os mesmísimos. A min xa non me collen. Nin agora nin despois. E vostedes, que me len, deanme un toque se me ven especialmente irritable.


[Á volta falarei de Maquiavelo e non é unha ameaza]

2 commenti:

Anonimo ha detto...

De todo o dito, colixo: é que non vai aprender nunca? Non sabe como funcionan esas "cousas"? Que se ten en conta todo menos o que hai que ter?

Sábeo perfectamente, mais ten que recoñecer que, no fondo, vaille a marcha ;)

Nuca ha detto...

así é a vida universitaria, meu. E tamén a outra