Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 marzo 2008

SEMANA SANTÍSIMA: DOMINGO DE RESURRECCIÓN



Allariz: dúas e media da tarde. Á brava, sen reservar. Ninguén pola rúa. Ata Casa Fandiño. Directos e rápidos. Hai que esperar. Baixamos ao do río. Tampouco. Pois nada. Pasamos por Fandiño de novo. Bingo. Unha mesa no curuto. Resurrección cumprida: empanada de zamburiñas e cabrito ao forno. Pero a subida aos ceos foi despois, máis tarde, xa en Vigo, cunhas pingas de Bulgari no pescozo (a falta de ungüentos) e as cicatrices das feridas, listas para seren convenientemente lambidas.

1 commento:

Nuca ha detto...

se as paredes do Fandillo poideran reproducir as conversas dese curuto, os cimentos do mismísimo San Caetano tembrarían