Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 maggio 2008

ARTE FUTBOLEIRA


Outro día reneguei dos arredores do fútbol. Hoxe regreso con esta foto preciosísima do partido de onte. Gañou a fortaleza fabril do Manchester á galanura cortesana de Chelsea: non por fútbol, por puntería e nervos. Pero esta estirada de Van der Sar no derradeiro penalty sobre a chuvia inclemente de Moscova ben merece un post.

4 commenti:

bouzafria ha detto...

Tamén o merecería o erro de Cristiano Ronaldo, que parecía ía seguir o camiño de Baggio, Platini ou Zico.
Ou a caída do durísimo Terry.
Cando vexo a sorte dos penalties póñome no lugar dos protagonistas e penso que é máis doado ser porteiro que lanzador: a portería ten que semellar un chícharo minúsculo gardado por un xigante.

Anonimo ha detto...

O de Ronaldo, ese fenómeno, é esperable, dada a gran tradición que vostede, amigo Bouzafría, cita. Pero o de Terry, ese butcher elegante que corta o ar coa ollada, non. Ese xeito de esvarar é impropio de quen pisa o campo co valor dunha brigada enteira. Por iso parece tan heroica a súa derrota.

Anonimo ha detto...

A grandeza dos penaltis. A vitoria e a derrota. Sempre igual. Sempre as mesmas caras, os mesmos acenos. Visto mil veces. Agardo a próxima con paixón.
Bill Shankly: "o futbol non é unha cuestión de vida ou morte. É algo máis importante que todo iso"

Anonimo ha detto...

Xa sei que non ven a conto, pero ollo con nós que xa estamos aí.
!Ós reds blues que lles den¡
Por certo, Arume, firmou xa a moción de censura contra Laporta?