Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 maggio 2008

JULITA


Para Josín, Chiti, Mari Carmen e Fernando. Para que sexan leves estes días.

Hoxe vai frío. Almorzamos cedo e saímos cara a súa casa. Corremos por caleyes de canto e terra, con pozas case de xeo. Chegamos á porta e petamos. Ela abre o puxigo. Cando nos ve, vírase e berra: "Josín, los tus primos". Escóitase unha voz desde o piso de arriba mentres apreta con calor os nosos corpos do inverno. Entramos na cociña. Alí, sobre unha cadeira, coma unha pequena deusa sobre a peana, agarda Mari Carmen, a nosa prima, cos cabelos longos a medio peitear. Bicámola e quedamos alí, o meu irmán e mais eu, mirando como Julita, a súa nai, remata por estirarlle con forza estes rizos ariscos. Na bilbaina quece o chiculate do almorzo e agarda o ferro para planchar a roupa. O vapor empaña a escea cando baixa Josín e almorzan todos xuntos. Julita permanece de pe, domeñando o cabelo rebelde de Mari Carmen. Vexo a Julita agora perfectamente. Mentres os primos mollan o pan con manteiga e o fume do chiculate borra algo os seus rostros, a faciana de Julita, clara e nidia, amosa unha risa ampla, de felicidade absoluta. Agora miro para ela. Julita estase a rir. Julita estase a rir. Para sempre.

3 commenti:

Fada Branca ha detto...

Nominada na Resaca das Letras 08 e eu sen sabelo ata o ultimo momento, son cousas que pasan.
Mira no meu blogue que che conto

Anonimo ha detto...

Prao sr dos Piñeiraes e praos que lles guste a música:
http://accutunes.accuradio.com/

Anonimo ha detto...

Fadabranca: noraboa pola súa denominación. Acórdese dos demáis cando estea no ceo do blogomillo.
Amigo Anónimo, cun blues (Blues never dies) da súa colleita en Accutunes, agradézolle profundamente a súa suxestión.