Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 maggio 2008

LULA FOR(EVER)TUNE


O venres pasado na tertulia literaria do pub El Diablito en Montero Ríos (unha das máis coñecidas do mundo cultural vigués), e tras merendar uns scampis no Doméstica Causa (unhas gambas á gabardina parecen nome máis acaído, pero o dono explicou que o nome italiano de scampi ten unha tradición que ven do emblemático Joaquín) celebramos a publicación do conto en italiano Luvaria Ulysses escrito pola nosa querida amiga Lula Fortune, vincitora do certame de Racconti di fuori confine convocado polos departamentos italianísticos das Escolas de Idiomas galegas. Entre copa e copa aínda puidemos argallar algunhas viaxes en góndola polo Cannaregio para magnificar o premio. Con elas conciliamos o soño. Felicidades, Lula. A ver se publica a traducción.

1 commento:

Nuca ha detto...

tertulia literaria no "el diablito". Menudo nome para unha tertulia