Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 luglio 2008

NORDESTINAS


Nordestinas tocou no congreso. Coñecía as voces (poderosísimas) de Ugia Pedreira e de Guadi Galego e o talento pianístico de Abe Rábade. Gustei moito das súas propostas, penso que pola calidade da música e polo poderío notorio das cordas vocais desas dúas mulleres capaces de transmutar e trastornar o mundo. A presencia do piano, nalgúns intres protagonista, incomoda por veces ás cantantes que pasan ese tempo improvisando movementos e acenos. Un certo manierismo na actuación limita a intensidade da música. Nótase, sobre todo, cando interpretan cancións populares sen máis apoio que o tono que o piano lle outorga. Mentres escoito o seu disco, hai que recoñecer que son mellores en directo onde en pouco tempo proporcionan emoción e forza. Se consiguen mellorar a posta en escea (xa digo, con menos notoriedade do piano), o triunfo ha ser universal.

1 commento:

folerpa ha detto...

Arume, vostede dirá. Segue almorzando no Filippo? Dígame día e hora e botámoslle un cafeliño. Mándeme un correo a direción que ven no blogue e confirmamos a nosa amorosa cita.
Unha aperta