Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 luglio 2008

A PEDRA DA PEDRA


A Pedra é un mercado particular de Vigo. Ignoro o seu funcionamento polo miudo, pero o comprador cre entender que o que alí se vende descoñece as reglas que funcionan de xeito habitual para o resto dos comercios. Emprego tal perífrase para non afirmar cousas que están na mente de todos e que lindan con matute, contrabando, ilegalidade, anomalía fiscal. A tolerancia con este xénero de mercadorías non se practica con outras actividades económicas: mesmo parece constituir unha seña de identidade turística alimentada pola propia administración. 
Non obstante e sen entrarmos en consideracións sobre o aspecto ademáis cutre da instalación na actualidade, podo afirmar que esta forma de relación económica ten os días contados, porque sei de boa fonte (ficticia) que un grupo de comerciantes quere facer un sucedáneo da Pedra no Calvario: un mercado que ofreza imitacións das imitacións, tabaco decomisado de decomisos ou roupa desetiquetada na Laxe e retiquetada Choróns arriba. Nesa suposta Pedra da Pedra, as ostras serían por primeira vez, e non como agora que levan a pegata de Pesca, ostras de extranjis, esquilmadas a conciencia, coa ollada posta neses clientes, tamén importados, que gustan de comprar falsos productos exactos a un orixinal, que, por suposto, non existe. Auguro a tal duplicado de impostura un éxito rotundo.

1 commento:

CARPE DIEM ha detto...

É mellor non actualizar todos os días, e se ademais non ten ningun comentario...
Consello de pequenos.
Bicos mil.
Actualicei!