![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjtffNKV6Py-7iA81Gk6UJHhvCa75vi14XmHinK9Yjrr9_WEvJmDycjPDOhGN82NYvhnLkP9C0USuiN_PgqVuiOw7ywFyk3adDzwlReMmfp1wDqPSN8crLpGPJSqHokSLWx_c8VRM7MK7_U/s400/26294145.jpg)
As clases foron suspendidas o día 12 de decembro para dar espazo aos exames de decembro aos que se presenta unha infinitesimal proporción de estudantes. As clases recomezaron o xoves para remataren o vindeiro día 23. Ou sexa: reábrese a tempada para escasos quince días. Se somos incapaces en anos de mudar un calendario, moito me temo que para os planos de estudio estaremos igual. A data de hoxe aínda non saben os alumnos de segundo de bacharelato que carreiras poden facer. Por suposto, tampouco nós. E con eleccións por medio. Nonainonano. Vou tomar o vermú.
1 commento:
É bo que as teorías de Lafargue callen polo menos nos ámbitos máis cultivados...
Posta un commento