Hoxe publica EL PAÍS unha interesantísima entrevista con Ronaldinho. Antes do día decisivo, eu quero reafirmar a miña fe blaugrana, nestes tempos de tribulación, e a miña admiración polo máis grande. Hai tempo puxen neste blog ao deus entre os deuses culés, Johan Cruyff; hoxe achego esta foto extraordinaria (luces e sombras, mirada de esguello, fóra de ángulo as súas pernas) do meu ídolo. Aos meus anos!
3 commenti:
Eu tamén son do barça, aficioneime con Cruiff, como non..
E agora aínda que considero que o fútbol é un negocio multimillonario ao que só uns poucos poden acceder, é unha tapadeira doutras noticias máis importantes e ademais os medios perxudican a outros deportes...Sigo sendo culé e celtista!
Veña, a ver se hai sorte nesta xornada de liga!
O deste ano non ten nome. Creo que imos ter que agachar a cabeza durante uns meses, despois das celebracións da Cibeles
Estiven en Balaídos. Mágoa. Aínda doe máis a perda cando estas a piques do éxito.
Posta un commento