Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 giugno 2007

OS SOPRANO

Onte remataron os Soprano. Por favor, non me digan como foi. Agardo a derradeira tempada da que para mín é a obra narrativa cumio dos últimos anos. Non lin novela, nin vin obra dramática, nin mirei película que poida aproximarse. Pero como é unha serie televisiva terá que superar os prexuízos ben instalados do canónico. Para mín, non hai dúbida: unha extraordinaria obra de arte do século XXI. Ata sempre.

3 commenti:

Zerovacas ha detto...

Eu sempre dixen (ben, dende que vin Los Soprano por vez primeira) que a miña ilusión segreda era ser un mafioso italiano. Ninguén fai o mal con tanto estilo

Nuca ha detto...

terei que baixala o non facelo o prezo da suscrición o C+

Anonimo ha detto...

Eu non é por estragar o final, pero foi o maiordomo. Está clarisimo.