Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 giugno 2007

A VOZ TELÚRICA (E CELESTE) DE ANXO ANGUEIRA

Satisfeita a miña petición: Anxo Angueira proclamou os seus versos, todos os seus versos, cunha forza irresistible. Papounos a todos coa súa voz de aceiro e trebón. Fomos engulidos polas súas verbas, sen remedio posible. Leo de Matamá e un outro percusionista acompañárono con xenerosa paixón, mentres Anxo deletreaba os versículos, sincopaba os fonemas e rebulía ritmos, aliteracións, metáforas, nomes propios nun labirinto de ecos. O público, que viña tal vez á presentación clásica dun libro, atopou unha fera desencadeada e prorrumpiu en aplausos ardentes tras a lectura abraiante do rapsoda, que, case sen folgos, rematou coa palabra que o distingue: libertade. Grandiosa tarde de Vigo no vello salón (xa caduco) do santa Irene.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

O fondo do esceario estaba ocupado por un cadro hiperrealista dos irmáns de Dios, dos que ignoro todo, co panorama das casas do Berbés coa torre do Concello ao fondo. Serviu de pano de fondo nos recitais poéticos da FPG e, desde logo, é excepcional. Que non se estrague no esquecemento.

Lula Fortune ha detto...

Estimulante!

eue ha detto...

O Angueira dálle á palabra escrita a dimensión oral que lle foi roubada. Iso. Un rapsoda.

Anonimo ha detto...

Estou totalmente de acordo con eue. Escoitar a Anxo Angueira é un verdadeiro rapsoda, máis propio dos grandes oradores da retórica clásica que dos tempos que andamos.
Eu, que tiven o privilexio de escoitalo en varias ocasións, ríndome ante tamaño xenio versificador, capaz de despertar montañas. Lástima non poder estar aí nese acto tan persoal como, seguramente, inesquecíbel.
Un saúdo

Anonimo ha detto...

Perdón. Quixen dicir "escoitar a Anxo Angueira é un verdadeiro placer". Debín esquecer o adxectivo nalgún lugar da prolixa rede cibernáutica.

torredebabel ha detto...

Graciñas Arume por esta emocionante crónica que nos achega, aos que estamos ao lonxe, á forza e á maxia de Anxos Angueira cando interpreta (que se anoto falar quedome na metade do camiño do que quero dicir).