Caxigalines nella Reguera'l Campizu

19 gennaio 2008

AGRADECEMENTOS


En primeiro lugar ás persoas que leron por primeira vez a blogonovela de A DOBLE MORTE DE CARINA MOURELA e emitiron os seus discordantes xuízos:
A Giulio e a Carmigna, marqués e marquesa di Corviglione.
A Anabella, a baronesa de Lanzós, e a Edoardo, o seu consorte, pintor bohemio da rive gauche de san Roque.
A Cesáreo Fender aka Kent Dallas.
A Silvina, a abadesa de Cambridge, e a Robert Temple.
E a Ironside ou Blessed Churchs, polas súas afiadas notas.

En segundo lugar aos locais que permitiron o natural desenvolvemento da acción. Sobre todo co imposible propósito de ver recompensada semellante publicidade:
Prada a Tope.
Lanterna.
Hotel Carlyle de Nova Iorque.

E en terceiro lugar aos lectores desta blogonovela a cachos que tiveron diante do seu ecrán durante varios días. Nomeo a Brétemas que lle deu insólito pulo, así como a Lourixe que lle mandou unha chuzada boa e a Daniel Salgado, vía Isaac Lourido, a quen non coñezo de nada nada, por darlle a oportunidade á Matilde Espinardo (que non quixo respostar, sorprendida coa miña iniciativa de publicarlle as páxinas que me pasara no verán, ás miñas preguntas porque non daba creto ao que estaba a vivir) de amosar o seu traballo. Eu estou seguro de que, cando remate o fin de semán que ten ocupado cun bautizo en Cenera e cunha festa de cumpreanos en Custavil, explicará os pormenores deste relato.
Moitas gracias (grazas non, please).

3 commenti:

citizen X ha detto...

Hasta el condado de Cambrigde, ha llegado el eco que esta levantando esta primera e innovadora obra.

Esperamos que tenga el reconocimento que se merece, y a su vez nos vemos en la obligación de visitar en breve esos lugares que tanto ayudaron al desarrollo de la historia.

Saludos desde Cambridge

Anonimo ha detto...

Not a all. See you.

torredebabel ha detto...

pois eu, non mo tome a mal, son unha lectora moi tradicional, de xeito que agora, cando a teño toda gardada nun arquivo vou lela. Bueno, porque son unha lectora tradicional e porque estaba de vacacións cando comezou e ao chegar xa ía adiantada. Por fóra diso, paréceme fantástico o traballo que fixeches!