Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 marzo 2008

BARES DE VIGO: LA OCA


Celebrei hoxe o meu cumpreanos no restaurante La Oca, en Purificación Saavedra, a carón mesmo do mercado de Teis. Un dos lugares máis senlleiros da cociña galega e, para min, un dos dous millores restaurantes de Galicia. Fun coa familia e disfrutamos desde o principio ao fin das marabillas que Juan Cisneros exhibe. De primeiro apuramos un revolto de centolo con mazás e bacallau e unhas alubias negras con touciño ibérico. De rango superior ámbolos dous entrantes, como tamén foi o que me tocou a min en sorte para o segundo: un lombo de bacallau confitado de esplendorosa textura, que daba ata lástima comelo. A filla pequena atacou uns xarretes de terneira, que eu tamén probei, que se desfacían na boca. E a filla grande deulle a un solombiño de cervo con confitura de frutti dei boschi e unha variedade exótica de sales: maldon, hawaiana (ocre e volcánica) e sal do río Murray de Australia. A miña amada probou a lamprea que nas man da Oca é fantasía pura. O viño foi un branco Vallegarcía castelao-manchego de cor dourada e sabor espectacular a flores, madeira e albaricoques (eu non teño nin fucking idea, pero xúrovos que cheiraba así). O postre, unhas tellas de pomelo e un mousse de turrón, foi o complemento ideal. Non así o café de pota sofisticada, pero de pota, que lles baixou a nota total. O servicio, espléndido, e o local, coma sempre, acolledor dentro da súa sinxeleza e o seu mobiliario (e vaixela, por certo) encantadoramente demodé. Un 9 e medio.

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Estimado Arume reciba cordial felicitación motivo aniversario natalicio congratulo gustos culinarios jornada reflexion viva el comunismo

bouzafria ha detto...

Gorentosa crónica, pero falta un detalle non pequeno: Cánto lle costaron as ambrosías? Relación calidade-prezo?

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

130 para catro. Caro, claro.

Xaime ha detto...

En Lugo La OCA é un local que está detrás do Gran Hotel e que no século pasado tivo un certo éxito cas pizzas, por un servicio e un trato certamente distinto para unha capital de provincia.