Caxigalines nella Reguera'l Campizu

22 aprile 2010

BARES DE VIGO: O CHOCO


Onte na volcánica
jam session dos mércores no Lizarrán (chistorrilla, solombo ao cabrales e cervexas, pagadas polo aínda máis grande Lo Pas), comprometinme a falar aquí do Choco, ese lugar de encontro (o de meeting point non sei), o aleph e, sobre todo, o omega da noite viguesa. A música espléndida (nada de nostalxias nin de concesións á parroquia), os camareiros de primeira categoría superior (cuxos nomes lamento ignorar), un mobiliario finais anos sesenta (tampouco estou moi seguro diso, xa que non son os momentos de estar alí os máis axeitados para a finura na análise de deseños interiores), unha clientela semifixa bastante heteroxénea (deuses da novela e da intelectualidade galegas aparte, incluidos directores xerais e secretarios de estado e deputados en Madrí, que teñen alí trono e eminencia e que aportan colorido ao local), tanto en idade como en porvir (como na canción do grande Alberto Cortez), dentro dun orde que tampouco me atrevo eu a definir por non ser demasiado inxusto na apreciación pero sen dúbida moi agradable. Nos días non feriados, a horas prudentes, a conversa faise non máis tranquila pero si máis fluida e sicalíptica, axudados pola mestría dos seus gintonis e pola fogosidade dos altofalantes que convidan a continuar ata onde cadren as ansias.
O Choco é, hoxe por hoxe (hoxe ao cadrado), un local imprescindible para acadar o mínimo grao de felicidade que se supón sempre a esta cidade noctámbula que prefire gastar en tragos íntimos a estrar e estragar o seu caudal en recalificadas parcelas a pe de praia para findes que nunca chegan.

Por certo, LoPas, a ver se procuramos mollar ese porche que tanto nos alabas, cabo da praia américa.

4 commenti:

Ana Bande ha detto...

A de recunchos que aínda non estreamos no Choco meu...eu teño estado alí co V. un día, na parte de atrás, porque precisabamos calma para facernos unhas cantas confidencias...unha ledicia, o fresquiño que alí vai...e logo teño estado con T. na zona de medio relax, porque a T. cando lle poñen un gintónic ben preparado gústalle contar as súas historias polo miúdo, e logo...teño estado con A. tranquilamente lendo o xoves e conectándome coa versión online da revista para participar nun concurso deses chorras...e tamén teño estado con V. e con L., coas dúas á vez...juisky con auga para quentar o corpiño (o de V., que eu non podo co juisky) nunha tarde moi mollada...e teño visto alí parellas demostrando as virtudes do tango mentras alguén discutía se había ou non paixón nese baile...alí celebramos a Arumes Party avant la lamprée e imaxino que queda aínda moito moito fume que tragar nesta boutique de la nuit...tres hurras polxs camareirxs hip, hip, hip...uy perdón!

Anonimo ha detto...

Oy comamos y bebamos
y cantemos y folguemos
que mañana ayunaremos.

Anonimo ha detto...

Agora que xa Chamorro rematou de reparar e unhas pequenas humidades (na parede, claro), e que xa ven aproximándose o verán, darvos por convocados a esa soirée no porche...

Por certo, Ana, eu nunca bailei tango no Choco. Confúndesme con outro, fixo

Ana Bande ha detto...

sihomesi...menos mal que unha no canto de darlle á birra fai fotos...¡tatódocumentao, LPsito!