Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 marzo 2017

FARTOGRAFÍAS


Cartografías de la memoria. Cartografías de la diáspora. Cartografías del conflicto. Cartografías de la irrealidad. Cartografías del abandono. Cartografías del deseo. Cartografías del cuerpo. Cartografías de lo sublime. Todo cartografías. En plural. A pesar de que xa ten os seus aniños esta zuna de apodar a todo con plurais (é decididamente viejuna esta forma de rotular), o das cartografías resulta tan redundante que semella incrible que institucións serias ou decididamente cultas promovan ese pleonasmo, xa digo, supostamente modernillo. O curioso é que, unha vez lido o título, o tal nome de cartografías* desaparece no corpo do texto, substituido cando se tercia polo máis axeitado de cartografía (metafórica ou literalmente) que abrangue ao conxunto. Debe de ser que mola no título. Ou que o de cartografía queda como cutre. Houbo un tempo en que se levaron as temáticas*; agora este de cartografias* (e os correlatos variados en xeografías, topografías, cronografías), con algo xa de obsolescencia,  inúndao todo. Tomemos nota cartográfica da moda, desexo, pasaxeira. 

1 commento:

Voz en off ha detto...

Oxalá non tivese tanta razón ese señor!