Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 marzo 2007

TALENTO, MOITO TALENTO

Teño unha debilidade. E ademáis emocióname. Vexo esta foto, con toda esta xente nova, intelixente, preparada, traballadora, capaz, moi capaz e advirto unha emoción nos meus ollos. É irremediable. E imaxino outros laboratorios, outra xente, con outras ilusións, con outros entusiasmos, e celebro esta Galicia admirable. Sei que non todo é éxito ou bondades: hai momentos de desánimo, de enfados, de frustración e tamén de derrota. Pero sempre sinto o mesmo orgullo por toda esa xuventude, que ignoramos e que fai país, máis que calquera consigna política ad hoc.
Hai tempo que non vexo a Paulino, desde os tempos que recorriamos os recatelos nas noites de inverno. Quizá nin se acorde de mín, pero hoxe exhibo orgulloso o seu rostro, modesto alá no fondo, como retraído do triunfo, para que aquí, en Galicia, saibamos que hai moito talento. Moitísimo talento.

2 commenti:

Anonimo ha detto...

Galicia, Penélope. Tecendo de día o que outros reventan á noite.

QBH ha detto...

talento feminino: 11 a 7. No meu lab pasa o mesmo pero non é tanta a diferencia: 8 a 5.