Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 marzo 2007

PARNASEO


O profesor Josep Lluís Canet, da Universitat de València, é un home entregado á divulgación da investigación literaria. Especialista en literatura dos séculos de ouro, figura como responsable da mellor páxina web sobre literatura (ía escribir española, pero abrangue outras literaturas) que podemos atopar na rede. Na páxina web podense atoparen dúas revistas electrónicas: unha sobre literatura española medieval e do renacemento (LEMIR), e outra específica sobre Tirant lo Blanc, da que acaba de saír o número 9. A páxina chámase PARNASEO e, como portal e instrumento para os estudios literarios (o enlace de enlaces é extraordinario), non pode ser máis útil. Unha noraboa, merecida polo tempo que leva ademáis mellorando os seus contidos, para Canet.

1 commento:

Marcos Valcárcel López ha detto...

Graciñas pola referencia. Parece moi útil e moi completa (sección de enlaces, ediciós facsímiles, etc.). Aínda que non sexa ese o meu campo de traballo, claro.