Onte fomos ver a Manuel Vicent ao Club Faro: cun aceno sempre severo e tono sempre amable e irónico, foi desvelando a súa exaltación da comida sinxela, pura, elemental, onde o pan, o aceite, o tomate, as verduras á prancha ou os humores limpos de ourizos e gambas constituén a materia esencial dos placeres da comida. Por suposto, entre confesións de anticordeirismo e efusións sobre a sexualidade das verduleras valencianas no intre de coller plátanos, pepinos ou cenouras, engadiu comentarios divertidos sobre o acto (o banquete, o ágape) da comida. Lembrou aquela frase de Rafael Azcona que aseguraba que ningunha comida era pesada ou producía acidez, que eran os comensais os que verdadeiramente producían pesadez de estómago. De todas as súas anécdotas (un feixe inacabable) eu quedo coa súa lixeira befa do intelectual frente á composición máxica e mística da paella. Do seu libro Comer e beber a mi manera entresaco estas verbas:
"La paella dubitativa la suele guisar un artista o un intelectual. Así se las he visto hacer a Berlanga, a Joan Fuster, a Manolo Vázquez Montalbán, al escultor Amadeo Gabino, a los pintores Eusebio Sempere y Paco Farreras, al cineasta García Sánchez. Tal vez ignoran que el punto del arroz es un ente metafísico, inalcanzable, que siempre está más allá. Entonces comienzan a poner excusas, que el agua no es de Valencia, que el fuego es de gas y no de leña de naranjo, como debe ser, que no han encontrado garrofó en el mercado, que las verduras son congeladas. Su duda se hace explícita cuando piden ayuda a otros para que prueben el caldo para cerciorarse de cómo está de sal. Son dificultades autoimpuestas ante el cataclismo que se avecina, pero la paella tiene la ventaja de que siempre se come tarde y con hambre, por eso el cocinero se cabrea mucho si ve que los invitados toman demasiados aperitivos.
Despois da charla, lembrei a primeira cláusula de toda normativa sobre tertulias que Manuel Vicent impuxo na súa celebrada do Café Gijón: "A la tertulia hay que venir llorao". Unha boa tertulia ten que ter sempre esa premisa inexcusable.
[Otto Dix, A xornalista Sylvia von Harden, 1926]
3 commenti:
Que envexa non poder degustar en directo esa magnífica charla de M. Vicent...!
Gracias pola súa visita e polas súas palabras, dígalle á súa filla que se anime, en facelo blog, seguro que eu sería seu visitante .
Discrepo. O punto do arroz non é metafísico. É ben, ben físico. Mesmo é tamén físico, de feito, estatístico, a valoración organoléptica -incluida a subxetiva- dese arroz. Pola contra si é metafísica a descripción literaria chea de metáforas e evocacións que, como o fai por exemplo Julbe, describe a experiencia íntima de comer o arroz.
É metafísico decir que un viño, un Gaillac que teño diante, ten corpo rubí, amplo e carnoso, presentando alegres notas de especias
Posta un commento