Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 marzo 2007

A MIÑA FILIS

Envíanme, irmáns sentimentais, esta imaxe nostálxica. As primeiras teles en cor eran en branco e negro cunha pantalliña de cores (verde, roxa, amarela) de diante. Esta da foto erache ben avanzada e serviu para ver o mundial de non sei ónde. Xusto cando miro para ela chégame a nova de que Coll morrera esta mañán. Que a auga da terra que non cabe nun vaso lle sexa leve.

1 commento:

Anonimo ha detto...

Philips K-11. Os nenos dos veciños, boca aberta, vendo Heidi en cor, o nunca imaxinado. Os veciños, de punta en branco, sentados no noso sofá o venres á noite diante do Un, Dos Tres. Van de Kerkhof de laranxa contra o verde céspede dalgún estadio arxentino cando a terra inda estaba quente.
Qué mundo.