Hoxe chegou a primavera a Vigo. A tarde vai tranquila e o tempo morno invita ao paseo. Os amigos (seguindo as leis consuetudinarias de Vigo que esixen fozar nos areais coa primeira raiola do sol) foron á praia. Nós, urbanitas viscerais, tomaremos un refresco nas terrazas á saúde de quen tercie. Estos son os días nos que amo máis esta cidade, decote amada.
2 commenti:
Aquí, en Ribeira, estivo un día precioso, ideal para xantar nunha das terrazas que dan ao porto. Xa comeza a sobrar a roupa.
Pois estamos en sintonía porque a Bos Aires chega o outono, as follas doradas na beirarúa, os pasos que fan ruido cando as pisas e o sol que ilumina sen quentar. Unha cidade brillante. "Estos son os días nos que amo máis esta cidade, decote amada".
Posta un commento