Caxigalines nella Reguera'l Campizu

17 marzo 2007

FERTILIDADE


Hoxe fomos á terra de Outes. Pasar pola ponte do Tambre e mirar a todos lados e non vermos máis ca bosques, auga, e ceo azul de nordés pagou a viaxe. Se despois vemos premiados libros de Historia medieval de Galicia que falan de urbanismo vilego e escoitamos a un violoncellista e unha pianista rusos que acompañan a ceremonia, cremos que aquelo pode ser un soño. Pero non: para casa trouxen un anaco de todo aquelo para poñelo aquí na miña páxina de estampas fértiles de Galiza.

1 commento:

Marcos Valcárcel López ha detto...

Toxosoutos está a facer un labor moi estimable en pro da historia medieval de Galicia, non abondo recoñecido nos medios.