Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 marzo 2007

O PARTIDO COMUNISTA DOS EE.UU.

Leo no New York Times a donación dunha boa parte de papeis e documentación do Partido Comunista de América á Biblioteca da Universidade de Nova York. Nesa mesma páxina pódese atopar o manuscrito autógrafo (reliquia) do Turn, turn, turn de Pete Seeger, que inmortalizaron The Byrds. Unha colección ben interesante.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Estouche ben canso, pero seguro que mañá entro no enlace.

Anonimo ha detto...

Ola, Arume
Ben. Aquí estou. Cheguei do pos de abaixo, que tamén... xa te podía ter comido a man un porco. En fin.
Vasme permitir que abuse da confianza e poña aquí unha tradución dese impresionante documento que é o testamento de Joe Hill. Se alguén non leu o enlace de Arume, este home era un loitador que morreu por todos nós axusticiado no 1915. Non me gustan os mártires. Non quero que ninguén entregue a súa vida por mín, pero xa está feito e débolle moito.
A noite antes de ser fusilado, deixou coa súa letra o seu testamento en verso. O seu contido e forma (incluso a letra) revelan o tipo de home que foi. Non son digno de traducilo e tan só agardo non traizoar o seu espírito. Non son mártir, nin tradutor nin poeta. Sei que el perdoará a miña torpeza. Agardo que vós tamén.

"A miña derradeira vontade

Meu testamento é fácil de escribir/
Porque nada hai que dividir./
Os meus non van pelexar, nin deben nin poden,/
“Non se pega a carriza nas pedras que se moven”./
Meu corpo? Oh! Se estivera nas miñas mans/
Reduciríao a cinzas sen tan sequera dubidar,/
E agardaría que levado por unha brisa leda/
Meu po fora cara algún recuncho onde as rosas medran./
Quizáis entón xa murcha algunha flor/
Voltara á vida e desprendera de novo seu olor./
Esta é a miña derradeira e final vontade/
Joe Hill vos desexa sorte a todos, rapaces.

Anonimo ha detto...

Emocionado, de la Higuway, irmán en Dylan. Moitísimas grazas. O partido comunista de EE.UU. agradecerallo eternamente. Espero que a Biblioteca da Universidade Nova York, a quen lle mandarei recado, tome nota desta súa traducción.