Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 marzo 2007

PAISLEY E ADAMS, TANTO MONTA

Non pretendo, nin quero, establecer ningunha analoxía. Pero o desta foto é incrible. A política por riba de todo. A palabra, a polis. O exercicio civilizado. Para mín, exemplar.

5 commenti:

besbe ha detto...

Eu púxenme moi contenta, a ver se aquí tamén se civilizan certos sectores...rómpoche a intención de non crear analoxías.

Anonimo ha detto...

Na comenzo da década dos 90 percorrín en coche Irlanda do norte.A experiencia foi impresionante:as tanquetas do exército patrullaban as rúas.Por todas as estradas había controles con soldados armados trás búnkers improvisados.En cidades como Derry as dúas comunidades vivían radicalmente separadas por barrios.Todas as beirarrúas estaban pintadas coas cores da bandeira propia (unionista ou republicana).Os adros das igrexas fortificados con arames de espiño e planchas de aceiro.Librarías católicas,librarías protestantes.Tendas nas rúas comerciais destruidas polo lume e as bombas.No Bogside(barrio de católicos pobres fóra dos muros da cidade) as fachadas das casas exhibían grandes murais con membros do IRA armados e encarapuchados.Co solpor, os cidadáns refuxiábanse nas casas e as rúas ficaban desertas.Se a noite te pillaba fóra (foi o meu caso),en toda parte atopabas compañías do exército despregadas pola rúa.Ás veces en grupos numerosos,outras veces individuos apostados como francotiradores.Tamén algún grupo de adolescentes borrachos e faltóns nalgún parque (unha especie de botellón extremo).A sensación de angustia e de medo foi permanente.Como foi a constatación do odio primario.
Por todo isto,saúdo a chegada deste día e,ainda que o camiño sigue sendo longo (como unha calzada de xigantes) é tamén moi longo o treito percorrido.

Anonimo ha detto...

Mellor non comparemos.

Marcos Valcárcel López ha detto...

Tanquetas do exército tamén había en Euskadi (Sur) a finais dos 70. A min mesmo identificáronme alí nun verán porque ousei asistir a unha marcha en favor dos refuxiados. Pero, evidentemente, non se trata de comparar. En calquera caso, estamos moi lonxe da situación á que chegou o Irlanda do Norte. Ogallá vaian por aí os pasos, pero quen sabe? Hoxe é moi difícil imaxinar, por ex., un goberno conxunto HB-PP en Euskadi e conste que a autonomía vasca hoxe ten máis competencias que o que se le concedeu ó Ulster.

Anonimo ha detto...

Ola, Marcos
Polo que puiden ler na tua blo hai unhas semanas, a finais dos 70 a tí e aos teus amigos identificáronvos e incluso detivéronvos máis dunha vez aquí, en Galicia. A finais dos 70 non era necesario ir a Euskadi para ver tanquetas nas marchas e manifestacións. Non se pasou peor alí que en calquera outro punto deste país, por moito que nos queran convencer do contrario, e non é cuestión de contar morto a morto, hostia a hostia, ditido a detido, pero seguro que non houbo máis en Euskadi que en Asturias, por exemplo e por quedar nós a un lado.
En canto a chegar á situación a que acaban de chegar en Irlanda do Norte, Euskadi hai tempo que xa chegou e rebasou a marca, como tí ben dis.