U-lo novo Estatuto de Galicia? Non era tan interesante, básico, esencial, indispensable? A última noticia que tivemos daquel rebumbio foi unha reunión tribándica que rematou en nada. Aquel rebumbio contou con ducias de reunións tribándicas, amistosas, enriquecedoras, cheas de obrigada cultura política. Pero nun só día, con xantar polo medio, unha táboa cadrada, en medio dun salón minimalista, só coloreado por bandeiras decididamente tristes, con tres tipos de nomes familiares, Emilio, Anxo, Alberto, decidiu rematar o balbordo e dar por rematada a función, ata nova orde. Ata nova orde. Hoxe, non sei por que, lembro aquel derradeiro acto da obra. Cando volveremos falar del?
4 commenti:
Inda que non son moi vello, teño os suficientes anos como para saber que hai ben poucas cousas importantes na política e, como dixen noutra blo non hai tanto, o estatuto non era unha delas. Que o mundo seguiría a dar voltas era un feito, e que en Galicia, concretamente, ían seguir saíndo novos e bos viños do alvariño, que o Depor sairía do bache, que Citroen seguiría a fabricar coches, que eu ía ter que ir traballar a diario e que ía ía oooo... eran feitos tamén.
O peor é que cando se volvan pór a marear a perdiz, volveremos ter que oir as trompetas da Apocalipse. E é que non damos aprendido.
Grazas pola lembranza. Dentro de seis meses repita. A ver se nos tragou a terra.
Aí falou o mestre dlh61. Eu engado pregunta: ¿por qué tanta teima co novo cando o vello aínda non foi desenvolvido en toda a súa extensión posible?
Eu tamén comparto en parte a opinión con dlH61. Os políticos profesionais son amigos da grandilocuencia aínda que non caso do estatuto creo que perdemos unha oportunidade de amosar que somos un país unido e acabamos dando a sensación de que somos uns chapuzas.
Efective Wonder, randeeira. Coido que os políticos máis que á grandilocuencia tenden a crear problemas, o cal é unha pena, xa que para o que os queremos é xusto para o contrario: para solucionalos, tranquila e caladamente.
Posta un commento