Non podo atendelos. Cumpro anos na Volta Mantovana, sobre o cumio amaestrado desde onde se divisa o Po. Na senra que rodea o río, xunto a parede derruida do castelo templario da infancia. Nos farallóns de zafiro de Capri canda un prato infinito de spaghetti al pomodoro. Na Torre de Londres cun beefeater de menos e cun bozo de celebrar aos Who en diferido. Na baixa de Lisboa co par de luvas verdes de Ulises e un reloxo que vira cara o berce. No límite dun Madrid de agosto, seco e árido, que me quenta para sempre. Nas pedras rodantes da praia de santa Margherita Ligure co bagnino recollendo o lettino para o día seguinte de rosas e viños chianti. Nas fragas espidas do muiño, coas lúas no ceo e cunha friaxe morna, preparado para a fuxida. No vento que se levanta camiño de Sirmione, coas nenas descalzas e as cadeiras que voan cara o lago. Nun taxi a cámara lenta mentres medran as flores en central park na hora da despedida. No pó cálido e familiar de Pergognano, deitado baixo as estrelas que pasan fugaces. Na habitación amable dun hotel en Sorrento, co sol suavemente caído sobre os seus ombreiros.
13 commenti:
Repito o dito cando o souben nas Uvas: parabéns.
Revisando as miñas grazas, que lle deixei nas Uvas, vexo que non o felicitei explicitamente. E aproveito agora, con todo o entusiasmo: vaia chea de Piscis andamos por aí perdidos...
Unha aperta!
MARCOS VALCÁRCEL
Pois ben, todo moi bonito, pero se tiveras ben colgado o teléfono xa tería falado contigo como é debido, que agora xa non son horas. Pero en fin, aló vas e eu detrás.
Felicidades!
Parabéns, arume. Neste caso felicítao outro piscis, aínda que de febreiro, case case bisiesto.
Unha aperta cordial,
Modesto Fraga
Ante la imposibilidad de llamada telefónica como bien dice TURMANO,creo que se te debio de meter alguna rata bastarda por las lineas y hace "interferencias"...desde TURKIA te deseo un feliz CUMPLE...y feliz celebración más que nada.
ala,bicos ;)
el perro callejero tambien te felicita,casi se me olvida decirtelo ;)
¿E eu aínda non o felicitara? Pois nada, felices xx anos e un día.
Si, oh, si. Que máis quixera este que foran só xx anos.
Fermosísima postaxe, Sr. Arumes. Vexo que tamén sofre dos humores escuros.
Feliz aniversário, e continúe a nos deleitar.
De novo anovo os meus mellores desexos por todos os anos e moitísimos mais.
Parabens Arume!! sinto chegar tarde pero andiven liada co traballo nestes días. Para o ano, podería cumprir anos tamén nunha rúa das que quedan de pedra dun vello barrio de Bos Aires? Apertas moitas!
Parabéns; eu tamén chego tarde, pero é que na casa estivemos de aniversario (e dobre).
Posta un commento