Advirto un silencio elocuente na blogorrúa viguesa sobre o magno acontecemento de 2013. Non é hoxe o momento, pero vai brilar pola súa ausencia o estandarte na miña casa. De momento, conviría que enviaran aos avaliadores rúa Santander arriba, cruzaran por riba da autoestrada pola rúa Coutadas e repasaran a parte de atrás da Travesía de Vigo. Alí está aínda a cidade sempre aspirante.
[Gamelas ancoradas no Berbés: mobiliario urbano]
4 commenti:
Cunha esperable e honrosa excepción: Vigoblog.
Puxen ancoradas, pero nin risón/rizón teñen as gamelas.
Peccato!!!!!!
E iso da Universiada 2013 en realidade que vén sendo? Dan pinchos?
Onte escoite pola radio a Caballero e a Oliveira entusiasmados co evento (sic.) e botando pestes de Murcia porque lle quería quitar unha oportunidade que seica é única. O que non aclararon é para quen e por que.
Supoño que será única para pedir cartos. En lugar de facer unha planificación da cidade, seria, é mellor entregar todo ao albur dunha fanfarria un tanto cutre.
Pero, xa dixen: caseque prefiro, visto o nivel de entusiasmo universitario e municipal (está por ver o dos cidadáns por moita banderita agasallada á que non lle miran o dente), non falar ata ocasión máis propicia. Pero para que non digan despois que xogo con vantaxe, quede aquí constancia do meu aquel.
[Unha visitiña onte á magna obra de Miralles, coa chuvia caendo desde o alto por falta de baixantes e coa maior parte dos locais do centro comercial pechada irremisiblemente, deume que pensar: dela falarei outro día]
Posta un commento