Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 aprile 2008

ELECCIÓNS XA


En agosto o goberno bipartito cumprirá tres anos. Leva esgotada, logo, unha parte principal da lexislatura. Escóitanse xa os primeiros avances da campaña electoral, entre dúbidas sobre adiantos técnicos. Hai dúas semáns, en visita adiada polas eleccións, o propio Rajoy anunciaba intensidade e esforzos redobrados para conseguir a maioría. O BNG, por boca de Quintana, rexeitaba oír falar de eleccións. E Touriño, co silencio, postergaba a decisión.

Eu vou ser moi claro: hai que adiantar as eleccións ao outono. Por dúas razóns principais. Unha, xa declarada, pola miña percepción de que os principais desafíos desta lexislatura están cumpridos. Á marxe da nosa valoración dos mesmos. Aqueles que non o están, son suficientemente complexos e difíciles como para non poder afrontalos no tempo que queda. Entre outros, a cuestión lingüística, motivo de enfrentamento moi notable, mesmo entre os socios de goberno, ou a cuestión de vivenda (o plano Habitat e as liortas entre o Fegamp e a consellería de Táboas) e ordenamento do territorio, que precisan dunha maior estabilidade gubernamental, sexa ou non bipartito o novo goberno. A nova situación económica precisa, ao meu xuízo, dunha nova situación política que clarifique posicións. En todo caso, as continuas disensións no seno do goberno están a afectar á gobernabilidade e, polo tanto, á conformación dunha nova política para Galicia. Non basta con distanciarse do modelo fraguista, que parece a arela fundamental do presidente, senón artellar novas fórmulas de gobernación, arestora difíciles de levar adiante por mor dunha excesiva distinción entre os dous socios de goberno. Non abonda con falar de lealtade, senón dunha maior coordinación, dunhas maiores ensamblaxe e cohesión. A separación tallante amosada en todos os niveis da administración ensombrece a decisiva transformación de Galicia.

En segundo lugar, por unha razón ben egoísta e máis sinxela: non sei se darei aturado unha nova campaña electoral desde este mesmo momento. Aforrenos meses de debate e vaiamos ás eleccións xa.


[Foto extraordinaria de Hugo Arias, Mans de Celestino Pastor]

8 commenti:

Anonimo ha detto...

El PP de Feijóo......¿Se va a pegar una "nata" en las próximas elecciones gallegas?

Anonimo ha detto...

Home, con todo, eu penso que se pode agardar até marzo.

Nuca ha detto...

vostede sabe a qué partido máis que aniguén favorécelle o adianto?

R.R. ha detto...

Joder, (con perdón), qué cruce de cables acabo de ter: lin este post e logo o italiano e mesturei o das campañas e políticas galaicas co da clase política que avergoña o país (italiano) e díxenme, "carallo (con perdón de novo), qué juevos (bis) lle bota o Arume!". Logo xa me aclarei. E pensei un pouco e todo, alá vai:

No das valoracións políticas non vou entrar porque non teño nin idea, pero tocante ó exercicio de paciencia que supón unha campaña electoral, discrepo con vostede na conclusión: por min que as apracen ata o século XXIII. Neste momento, pensar en soportar outra campaña cando aínda non esquecín o pouco que vin da recente pode ser terrible para a miña precaria saúde mental. Déixeos, déixeos...

Xaime ha detto...

Fago miñas as súas razóns para que se adianten as eleccións galegas. Pero en contra engadiría que non é bon que nunha etapa de entrada en crise económica, onde a unha porcentaxe importante da xente pode votar ca man no peto ou irse a abstención, e pódense desvirtuar as propostas dos partidos en liza.
E outra razón, está completamente subxetiva e partidista, en seis meses non se pode artellar unha alternativa que está bastante adiantada, que xira arredor do PG e TERRA GALEGA, que si Deus quer e a Virxe nolo permite pode dar que falar (ignoro si dará que votar)
Dou resposta a OCCAM. O partido a quén máis favorece o adianto e o PSOE, que é quen se presenta máis cohesionado e sobor de todo despois da victoria de ZP en Madrid.
O PP e o BNG, teñen liortas internas que deberían solventar de contado, xa que doutra maneira pode ser terrible para eles, os úns que se lles achegue o PSOE en diputados e ós outros que se poden quedar fora do goberno, ou no goberno nun goberno simbolico como sempre quixo o PSOE ( Blanco, Varela, Vázquez, Méndez Romeu, Orozco).

Anonimo ha detto...

Podían facelas coincidir coas do imperio. Sería fascinante.

Nuca ha detto...

Xaime, era unha pregunta retórica a miña. A resposta foi a que vostede deu. Consecuentemente o adianto ten unha razón máis electoral que da práctica de governo que sinala Arumes

Anonimo ha detto...

Eu tamén comparto, amigo Arume, a súa tese do adianto electoral. Ao igual que vostede opino que o importante, o trascendental da lexislatura, xa se desenvolveu, con erros e acertos como é lóxico. Con todo, eu non percibo que existan disensións tan graves no seo dos respectivos partidos gobernamentais para alén das evidentes diferenzas entre nacionalistas e socialistas en materia, poñamos por caso, lingüística. É normal que en calquera goberno aparezan discrepancias en determinados aspectos da xestión pública mais, na miña opinión, non son tantos como algúns, interesadamente, nos queren facer ver. É o que eu penso. Saúde.
Modesto Fraga