Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 aprile 2008

MAN SALVADORA


Onte tiña dúas citas culturais: estiven barrenando toda a tarde a cal das dúas iría. E ao fin, unha man salvadora levoume ao Estrella Galicia a tomar unha caña. A partir dese momento, a cultura entrou en min como un bálsamo vivificador. Porque despois da primeira viñeron outras e despois uns viños e despois unhas tapas e logo todo. A noite de onte era extraordinaria, das que fan que ame eu esta cidade como a nengunha. Como para quedar nela (na noite, na cidade e na man salvadora) para sempre.

Nessun commento: