Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 aprile 2008

DÍA DO LIBRO LIBRE


Na Facultade as estudantes ofrecían libros para intercambiar. Solicitaban que se emprestara algún para o cambio. Cedínlles media biblioteca: decidín que fosen os libros que non tiñan dedicatorias (máis ou menos sentidas). Cando o facía, sentín un pracer insospeitado: o de velos marchar libres quen sabe onde. Non tiven nostalxia, nen lembranzas. Agás unha: a dos versos con que Lope conclúe un dos seus sonetos marabillosos: "dejad la tierra, entretened los vientos,/ descansaréis en vuestro centro mismo".

7 commenti:

Ana Bande ha detto...

Iso é xenerosidade e savoir faire profesor. Mágoa non estar onde tiña que estar.

Mario ha detto...

Buf, eu creo que nunca daría feito tal cousa.

Zerovacas ha detto...

Pareces un pai vendo marchar os fillos...

Anonimo ha detto...

Supoño que os libros serían propios e non da facultade :-).

A min, francamente, estas "modas" non é que me disgusten, todo o contrario, pero considéroas efémeras e faltas de continuidade.

Cando esta moda do intercambio de libros sexa substituida por outra nova, ninguén se volverá a lembrar de facer tal cousa, que se se escribe en inglés queda máis chachipiruli e modelno.

Anonimo ha detto...

Eu creo que estamos nun momento clave: non os pasei porque fora moda, senón porque sentín que eses libros estaban millor fóra do meu despacho. Para que os quero? Foi a pregunta que me fixen. Ao millor a alguén lles fan máis falta: seguro que hai xente que quere posuír un libraco de Gramática Xenerativa dos anos 70. Eu non o vou ler nunca máis.
Que rulen.

R.R. ha detto...

Aí hai algún asunto xenético, deduzo, eu non sería capaz de semellante cousa.

Coma moito, deixo os repetidos para o intercambio ou os detestables para que os coma a chuvia ou o vento faga revoar as páxinas e por un momento sexan fermosos.

Hala, qué poetópico me quedou.

Anonimo ha detto...

Iso de desfacerse dun libraco de Gramática Xenerativa dos anos 70 ten trampa e un certo punto sádico para con quen o reciba :-).