Repartiron a semán pasada as estudantes (algún estudante tamén había, pero son tan poucos que son invisibles) os premios laranxa e limón entre o profesorado. Sei dalgún limonado que ficou na casa e mesmo pediu unha baixa. Ou eso din. Pero sei que os laranxas foron para xente que eu estimo. E moito. Para Carmen. Para Luis. Para Anxo (si, Anxo, cómo non: dentro do sagrado). Eu quedei segundo: unha variña máxica foi o meu premio.
Pode resultar todo demasiado infantil, demasiado pueril. Pode. Pero alí Anxo e Carmen (eles mesmo con fitas e coroas: os máis republicanos da contorna) e máis eu, pola tarde nunha cafetería chea de estudantes algo bébedos, con Leo o de Matamá de cantante glorioso e con Abraham que cantaba unhas barbaridades con gracia e talento, eramos coma nenos. Coas nosas variñas máxicas. Felices e contentos. Que nos quiten lo bailao. Arrecarallo.
Foto de J. Albertos.
9 commenti:
Moita carallada hai agora nas facultades.
Premio laranxa pode ser:
1) Extraordinario profesor, de gran formación, moi traballador e con trato excelente cos alumnos.
2) Profesor mediocre que non a rasca, pero que aproba pola cara e que lle fai a pelota aos alumnos.
Premio limón pode ser:
1) Profesor extraordinario, de gran formación, moi traballador, pero que non lle fai a pelota ao alumnado e que é moi esixente.
2) Profesor penoso, vago e incompetente que, ademais, é un túzaro e un autoritario cos alumnos.
Despois están os non premiados con nada. Quizais aí estean os mellores (ou quizais non).
O factor sexappeal hai que telo tamén moi en conta. Non vai ser todo erudición ou colegueo.
Tamén ten razón. Non reparara nese detalle.
Pois teña por seguro que eses premios contan moito máis que mil formularios de calidade amigo Arume, é o que lles queda os pacientes (sic) alumnos que teñen que soportar a tando mediocre que anda solto, así que parabéns, como non.
Eu tendo máis ben a darlle a razón ao Frade:
No cura si la fama
canta con voz su nombre pregonera,
ni cura si encarama
la lengua lisonjera
lo que condena la verdad sincera.
¿Qué presta a mi contento
si soy del vano dedo señalado,
si en busca de este viento
ando desalentado
con ansias vivas y mortal cuidado?
Bueno mire, por sexappeal(?), por sabio e por enrrollao a vostede déronlle a variña máxica, así é que parabéns. Non sei eu se o señor apicultor non andará con envexas (aínda que o seu primeiro comentario, a verdade, é acertado). E usté, Ana, ¡amodo ho!
Saúdos!
Están moi ben eses premios. Pero habería que instaurar outros nos que os profesores foran votados por os alumnos pasados, digamos, vinte anos.
Non cabe ningunha dúbida, amigo R.R., que Arumes se encontra na primeira categoría. Daquela, merece todos -ou case todos- os premios, xaora. E os outros tres exactamente o mesmo (ben, no de sex appeal non o teño claro en dous casos).
Pero iso non obsta para que os premios laranxa e limón (e o premio pomelo que foi del?) non deixen de ser unha carallada. Dende aquí reclamo que lles dean todos os premios que merezan, pero en serio... preferentemente.
Noraboa!!
pode que, como xa foi dito, o criterio dos alumnos sexa discutible, pero son os nosos interlocutores e do mesmo xeito que eles teñen que nos aturar, tamén me parece xusto (e divertido, claro!) que teñan o seu momento de dar premios e castigos.
Posta un commento