Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 aprile 2008

GLAMUR NA LAXE

Non podía fallar ao acto cultural principal deste ano: a inauguración da nova tenda de Adolfo Domínguez no polémico centro comercial de a laxe. Unha tenda soberbia, de máis de 1500 metros cadrados, a máis grande do mundo coñecido, a carón do mar, con roupa para todos os públicos, con cartiños no peto, e cunha cafeta que mira ao peirao de Vigo e aos tinglados de cordas e redes. Puxeron viño e cava para beber, pero esqueceron poñer pinchos coa prontitude necesaria para non collermos un coloque antes de nada. E así foi como cando se presentou o mesmísimo Adolfo diante das miñas narices fun capaz de darlle a noraboa e loubarlle o gusto. Faltoume un tris ou unha copa máis para reclamarlle máis manduca e unha cazadora para o verán. Pero cando me din conta xa estaba eu fóra buscando onde cear. O ambiente da inauguración, glamuroso e cursi a partes iguais e misturadas, convidaba á envexa e á fuxida segundo miraras. Gunillas arroutadas e melifluas versaces chuchaban rolliños de primavera xunto a armanis de vainilla e xulianmuñoces de plastilina.
Menos mal que nos quedaban as chistorras do Lizarrán, que se non a arcadia adolfista remataría por aniquilarnos.

7 commenti:

Anonimo ha detto...

E mañá Joyce. Admiro a súa versatilidade.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Non me gusta a rutina. E menos o piñón fixo.

Anonimo ha detto...

E logo en VIGO, non terían mellor obra a copiar de Acoruña, que o mismo C.Comercial tapando o mar?
Saudo
TREBI

Anonimo ha detto...

A Coruña

Anonimo ha detto...

Por certo, amigo Apicultor, o seu viño preferido, o Oremus magyar, está a venda nun curruncho de viños que hai na Laxe, pola módica cantidade de 32 euros o de 5 (anos?: o meu magyar non comprende a terminoloxía enolóxica) e 22 o de 3.

Anonimo ha detto...

Grazas pola información. Cando vaia por Vigo achegareime a por un par de botellas. O que non lembro é se tomei o de 5 ou o de 3 anos. En calquera caso, os dous teñen que estar fabulosos.

Anonimo ha detto...

Por certo, Arume, non vaia por ese curruncho do viño da Laxe porque é un timo.

Hoxe atopei de casualidade, onde moro, un Oremus de 2004 por 14,5 euros, cando aí o venden por 22.

Como se tiran da moto algúns comercios!