Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 aprile 2008

AMIZADE


Foi domingo salnés. Un pincho no Pandemonium (un deses bares da oferta excepcional de Cambados: Yayo Daporta, Lucio, Ribeira de Fefiñáns) e un xantar en casa dos marqueses de Corvillón. A longa tertulia rematou na porta da casa co solpor caendo por Tragove. O intre pedía algo especial e alí apareceu. Unha botella de cava foi descorchada á nosa gloria naquel momento irrepetible. E as cores do sol en fuga iluminaron os rostros felices da amizade.
Moitas gracias a don Xaime pola botella e polo libro de don Darío Xohan Cabana, polo mesmo autor asinado, que me deixou no Isolino de Ogrobe. Unha aperta ben grande.

[A foto é do Muiño de mareas de Tragove, Cambados]

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Teño que enviarlle unha foto , que saquei pensando en vostede.
o COMEDOR DE "Andarubel" , nas Fragas do Eume.
Se poidera ou soupera eu..,faría unha croniquiña da ledicia da Comida de aló. Como creo que ven pola Coruña, calquer día vostede o faí .., e será gratificante leelo
TREBI

R.R. ha detto...

Qué vidorra de conde leva vostede, mimá, andan nun día por dous restaurantes que outros nin dimos pisado...

Anonimo ha detto...

¡Saber vivir!/ e poder... porque non?.
Trebi

Xaime ha detto...

Vaia quentando, que vai saír.

Anonimo ha detto...

En efecto, hai cousas sinxelas, coma a de abrir unha botella de cava (e bebela, por suposto) para celebrar un solpor, que merecen a pena. Non sei se iso é saber vivir. Pero a min dame esa impresión.

Anonimo ha detto...

Hola Soy Flavia la hermana de Joaquin Quintiliano, s{olo deseaba felicitarlos por el Restaurante, vi fotos y parece bellisimo. saludos a mi hermano q se extraña, besos Argentinos!