Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 aprile 2008

QUIERO SER GUITARRA DE SINIESTRO TOTAL


Pptansolo y Carne de Psiquiátrico presentou no ano 1983 no espacio de Jesús Ordovás, Esto no es Hawai, de Radio 3 unha canción xenial que hoxe lembro como homenaxe á mellor banda de rock da historia, no día en que presentan 2cd+dvd baixo o título, Que parezca un accidente: Siniestro Total.

8 commenti:

Anonimo ha detto...

E el non estará homenaxeándose a vostede mesmo, de tal xeito que cando di "a mellor banda de rock da historia" o que está é lembrando cando era "xove e fermoso"?

(A cita entre comiñas é unha intertextualidade, dígoo para desfacer malentendidos maliciosos ;)

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Homelogoetiquepensas?

Anonimo ha detto...

Xamopareciamín!

Anonimo ha detto...

Para homenaxearme ben ben ata o fondo un London Calling.

Anonimo ha detto...

Vaicompararsiniestrocosclashamosanda!

Xaime ha detto...

Xa estaba en Vigo cando os Siniestro, Arume, pregunto.
E vostede Apicultor, dito sea co respeto que sabe que lle teño que colmea ocupaba o seu tempo libre.
Eu daquela facía un programa diario de novidades musicais na FM de Radio Lugo, que se chamaba Selector de Frecuencias -en homenaxe os Dro-, e coido que foi nese programa onde primeiro se escoitou en Galicia na radio comercial, o disco do post.

Anonimo ha detto...

Non, non estaba en Vigo. Eu son vigués de nova fornada. Estaba en Santiago adonde chegaba a onda da movida viguesa. Pero non papei case nada daquilo. Só pola radio e, eso si, a todas horas. Xa nos contará, amigo Xaime, esa súa actividade, unha das miñas frustracións.

Xaime ha detto...

Logo tivo que ir o concerto dos Golpes Bajos naquel tugurio da Rocha, de cuio nome non quero lembrarme que lle puxeran unha bomba, un tempo antes, que foi o primeiro fóra de Vigo e no que presentaban " A Santa Compaña".