Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 aprile 2008

ROSALÍA BLUES

Quixo o amigo AA agasallarme e non puido facelo millor que entregándome en man Rosalía 21, unha primorosa obra de arte (o deseño de cuberta e precioso: mágoa dun formato maior) que mistura Romanticismo (coas letras maiúsculas) e ritmo lento e limpo de jazz. Veño de escoitalo durante esta fin de semana: por veces, encollido pola envergadura cálida e diáfana da voz de Guadi Galego en A xustiza pola man; por veces, aledado pola voz cantareira e repoluda dun anxo angueirado por rosalías na súa clásica Miña santiña; e sempre aloumiñado polo fraseo elegante do piano de Abe Rábade, sobre todo, nos arranxos bellísimos de Negra sombra. Sorprende, con todo, comprobarmos a musicalidade do prólogo combativo de Cantares gallegos na gorxa grave de AA. E, xaora, a perfecta fusión de versos decimonónicos e melodías en fuga jazzística: os blues, en fin, que escribiu Rosalía.

1 commento:

torredebabel ha detto...

comparto. O dito. O sentido. O gozado. A ledicia. E o agasallo.