Rematei de ler o libro de Tiziano Scarpa. Lese en moi pouco tempo. Dá pena rematalo. Penso despois de lelo que o autor esforzouse o xusto, o imprescindible. Disque é poeta, pero semella de versos curtos, de escaso alento. Intenso e enxeñoso, pero pedía máis esa intromisión en Venezia. Ao final, ademáis desvela de forma xenerosa unha bibliografía reducida sobre a cidade da lagoa e logo dá a impresión de que nada das suxerentes imaxes que se apoderan do lector é imaxinación súa senón da máxica composición da serenísima. Verei de lelo de novo cos cheiros das canles, coa escuridade dos fondamente onde as parellas saúdan aos veciños mentres fan o amor de pe sobre o brocal do pozo, coa humidade que rube polas paredes ata os tellados e outorgan fasquía de barco aos edificios, co tacto do peixe en Rialto de boa mañán, antes de que os vaporetti removan a lámina verdosa do Canal Grande. Mentres tanto deixádeme que adique este fragmento a Besbelliña.
Massa e Pindolo , también llamado lippa, es una
especie de beisbol o críquet que se juega en las plazoletas. En lugar de pelota,
se usa un cilindro de madera con forma de lápiz afilado por ambos extremos; tras
recibir un golpe certero de la maza en uno de sus dos extremos cónicos, la tala
salía despedida a un metro del suelo, y en esa breve fracción de tiempo,
mientras giraba en el aire, había que volver a darle por segunda vez para
lanzarla lo más lejos posible.
2 commenti:
Nós,a iso chamámoslle a billarda ou a estornela.
Hoxe está desaparecendo , como case todo neste país.
Ah...Venecia...
http://anabande.blogspot.com/2006/10/marca-de-agua-de-joseph-brodsky.html
Posta un commento