Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 aprile 2008

ESTAMPAS DESDE A FIESTRA


Nunha oficina de debaixo de casa traballan unhas dez mulleres. Editan unha revista desas que tratan de temas da terceira idade (Entre mayores é o nome da revista, que, por certo, e sen enterármonos resulta ser o mellor periódico do sector en España). Entran a traballar puntualmente ás nove da mañán e saen sobre as sete e media da tarde. Nengunha supera os trinta e cinco anos e todas elas amosan maneiras admirables de enerxía no seu traballo. Non é infrecuente velas falar por teléfono fóra mentres aproveitan para botar o pitilliño da mañán ou acarrear paquetes coas revistas xa preparadas ata a furgalla que as distribúe. Pero o que me chama a atención é que á hora de xantar saen cos seus tuperwares de casa ou coa comida mercada no coren da esquina e póñense a comer nos bancos que hai cerca da miña casa. Desde a miña fiestra podo velas sentadas, mesmo algunhas no chan, comendo coma se fora unha merenda no campo. Gústame velas desfrutar dese momento do día e sinto envexa da súa ledicia. Pasan todo o día nesa oficina e ao mellor non están tan contentas como parece. Pero eu un día baixo e como con elas. Poño eu mesmo o viño, se fai falta.
[Catrocentas entradas hoxe coma catrocentos soles]

7 commenti:

Nuca ha detto...

dez mulleres novas traballando nunha revista que se chama entre mayores... interesante, interesante, pero obvio

Anonimo ha detto...

Pois váiase facendo xa cunha colección da revista, que o tempo pasa moi rápido...

Marcos Valcárcel López ha detto...

Cando dei a charla sobre os Maiores en Caixa Galicia estaba o resposable desa revista e agasalloume con varios exemplares. O que non sabía era que se facía en Vigo, será a sección galega aí.
E noraboa por eses 400 soles-post.!!

Anonimo ha detto...

Fanno aquí para toda España, cunha sección específica para Galicia. Seica.

Anonimo ha detto...

Arume: Non sei por qué, mais non me gusta nada ver as persoas comer na rúa. Si, é moi londrino, seino, mais non sei qué me dá ver as señoras que traballan nun taller de costura en Celanova a comeren o bocata sentadas nos chanzos dos portais. Supoño que para comer estarán as cafeterías, ou evidentemente, a casa de cada un. Mal asunto ese de traballar dez horas para ter que comer un pedazo de polo frío nun tupper ware. Algunha cousa rara está a acontecer e tal vez non nos decatemos.
Cumprimentos, amigo.

Anonimo ha detto...

Hola Julio desde la redacción de Entre Mayores queremos expresar nuestro descontento hacia su superficial y ofensivo comentario en el que expresa que comer en un tapperware esconde algo oscuro en nuestra empresa. En primer lugar no trabajamos diez horas, sólo son ocho y, para envidia de de muchos, sólo hasta las cinco y media, lo que nos permite disfrutar de las agradables tardes lluviosas, semejantes a las de Londres, que estamos seguros que usted no lo hace, ya que sino estaría encantado de comer el rico pollo de Koren que ya llega a nuestras mesas caliente.
Saludos y no olvide desayunar all Bran.

Anonimo ha detto...

Non llo tomen a mal, digo eu. El non sabe o pracer que sentimos na miña casa ao velos comer no patio. Que o saiban. O Júlio, a quen só coñezo polo blog, é un tipo moi simpático.