Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 ottobre 2008

FRÍAS, FRÁXILES, DURMINTES


Lamento disentir con cantos recomendaron as fotos de Victoria Diehl expostas na sala de Caixagalicia de Vigo baixo o rótulo de Photogalicia 2008: non me gustaron nada. A proposta conceptual de modificar fotos de corpos espidos coa apariencia de estatuas (des)gastadas e limadas polo tempo non pasa disto: unha proposta que non debeu pasar da súa mera formulación intelectual. Había mesmo unha guía explicando o concepto. Puxen un pouco a antena, non por ver de comprender aquel artificio, senón por analizar o xénero explicación de exposicións. Interesoume máis a performance de tentar animar aos asistentes a participar na contemplación e intelección da obra de Diehl cá propia obra. 
As palabras xenerosas doutros visitantes (máis expertos ca min na recepción estética) cara esta exposición obríganme a lle dar unha nova oportunidade a esta artista.   

1 commento:

Anonimo ha detto...

Non te deixes levar polo que che digan, e moito menos se son "expertos". Xa sabes o que pasa ultimamente cos expertos: empezas aforrando para un coche e acabas cunha hipoteca desas subprime.
Se non che gustan as fotos pois non che gustan: mira que non hai cousas das que disfrutar (6-1)