Caxigalines nella Reguera'l Campizu

31 ottobre 2008

OITOCENTOS NUN HOTEL


Celebra o Partido Socialista asamblea para elixir directiva local. Reúnense 800 nun hotel. O gañador leva uns 500 votos, o segundo uns 200 e o terceiro uns 100. O gañador levanta os dous dedos en sinal de victoria; o segundo di que é alternativa e o terceiro declara solemne que está claro que o partido está dividido. Con esa cantidade de xente nunha poboación duns 300000 habitantes ou máis de 200000 en idade de votar como poden ter a arrogancia, a alienada perda de conciencia do que representan? No meu edificio só vive máis xente que persoas apoian ao último.  
Pero o peor xa non é iso: o peor é que ocupan un día si e outro tamén o espazo público, interrumpen o tráfico de outras persoas máis interesantes que pugnan por seren vistas e escoitadas no foro, invaden as calzadas coa prepotencia de pensar que son os únicos na superficie terrestre con algo que dicir. Agora sabemos que só 500, 200 e 100 persoas os apoian. O que digan sempre terá ese ínfimo aplauso, esa íntima cla. Que saiban que o sabemos.

Pregunta concreta e polo de agora última: non se irá(n) algún(s) para casa ou para o seu traballo profesional dunha vez?

1 commento:

Anonimo ha detto...

http://www.youtube.com/watch?v=8mVEGfH4s5g&feature=channel