Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 ottobre 2008

EN BOAS MANS


O XLSemanal  agasalla unha entrevista cos cinco conservadores (a palabra inglesa curator parece máis axeitada) do Museu do Prado de Madrid. As voces destes expertos en arte pictórico de varias épocas son extraordinarias por moitas razóns. Porque desmontan vellos vicios, que Manuela Mena chama erros vulgares, sobre a interpretación interesada de certos cadros; porque eliminan as preconcepcións sobre o biografismo, o verismo e a mímese asociados á pintura; porque desenmascaran o patriotismo (que peste!) de escolas coa aplicación dunha sinxela rede de tradicións varias (coa admisión para min emocionante de que é preferible que a Venus do espello permaneza para sempre na National Gallery por recompensa á estima dos ingleses pola pintura de Velázquez e, como non, por xustificar unha viaxe a Londres): porque prestixian as pequenas obras, marxinadas polos ecos dos lenzos máis contundentes; porque aman a súa profesión e engrandecen, coas súas actualizacións cheas de intelixencia e faltas de prexuízos, o estudio da Pintura. 
E porque me fixeron pasar os dez minutos máis interesantes da lectura dominical dos xornais.
Nota: o artigo do sábado de Muñoz Molina con Alejandro Vergara, un dos curators, era tamén ben interesante. Nótase moito que por aquí van as miñas devocións.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Por Deus, Don Arume: fala vostede de Antonio Múñoz Molina, o newyorkino, ese escritor irrepetible? Iso chámase caída cenital, desde as alturas de Velázquez ás sentinas muñozianas. Por Deus, don Arume, reflexione, tómese un tempo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

A vaquiña polo que vale: a reportaxe de MM, privilexiadísimo por facelo, sobre a preparación da mostra sobre Rembrandt daba moita, moita envexa.

Anonimo ha detto...

Don Arume: non se cegue cos ouropeis do fácil triunfo nin cos esplendores colindantes co poder. Regrese, por favor, ao menosprezo de corte e gabanza de aldea.