Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 ottobre 2008

HSM-3, A LEDICIA ADOLESCENTE



Ás miñas fillas C. e C.
Séculos de haut culture coa eterna paráfrase de Aristóteles ou Shakespeare, lustros enteiros de cineclubes con Antonioni ao lombo, centurias de eséxeses infinitas de Kant ou de Virxilio, milenios de hermenéutica simposiaca, anos de desfiañamento (deconstruction) intelectual do canon e adxacentes: unha soa tarde de venres de outubro todo esto vai ao carallo coa exultante e eufórica tolemia dunhas rapazas berrando cada vez que sae no ecrán do cinema Zachary Efron, Zac, o gran Zac. Seguro que moitos (pero moitos, moitos) pais me comprenden.

4 commenti:

Anonimo ha detto...

Ou sexa: ¿Al mal tiempo buena cara?

Apicultor

Anonimo ha detto...

Ademais de berrar coma tolas a cada intre, e mesmo botar algunha lagrimiña cando os noivos se teñen que separar para ir á Universidade, tamén levaron bandeiras e cartaces ao propio cine para aclamar aos seus ídolos.

Apicultor

Anonimo ha detto...

Non só comprendo: comparto. Non cos pais, coas fillas. Non podo deixar de lembrar a tarde que fun ver Grease a un cine de Ferrol. As primeiras imaxes eran do mar. Sobre aquelas imaxes de marea imparable apareceron unha letras : JOHN TRAVOLTA. Non fixo falla nada máis. Alí soaron os mesmo berros que o venres. Exactamente os mesmos. E eu estiven alí. Carallo se estiven.

Nuca ha detto...

a miña filla estivo o venres alí. Eu estiven no Fraga cando Grease...