Caxigalines nella Reguera'l Campizu

3 ottobre 2008

NON AO PROXECTO DE PRAZA DE ESPAÑA


Anuncian unha desfeita irreparable para a Praza de España en Vigo. Aprobado o PXOM, chegan as barbaridades. Cos planos e as maquetas á vista, o horror (vacui, no fondo) é palmario. Por moita superficie arborea (similar á Alameda, din os turiferarios), por moita vixianza e rigor constructivo que prometan a calamidade está servida. Que un PXOM era necesario ninguén o dubidou: que empecen por iste enxendro simplemente delata a toda unha clase política.
Cabe aínda unha campaña contra ista destrucción masiva?

Aclaración: a min encántanme os rañaceos. Pero con todas as consecuencias: é dicir, de máis de 50 pisos. Non iste quero e non poido.

4 commenti:

bouzafria ha detto...

Cando eu era pequeno saiamos nas noites cálidas do verán á Praza de España, a sertármonos nos bancos de pedra baixo o muro da casa do prócer Enrique Lorenzo.Iamos alí para ver (para mirar en "vigués") o refrescante espectáculo da fonte luminosa doada por Cesáreo González.
Non quero parecer un retrógrado que vai contra o progreso, pero cada actuación na Praza de España foi convertendo a mesma nun lugar cada vez peor.
Concordo con vostede: van facer unha aberración.

Anonimo ha detto...

A PESAR DAS PRIMEIRAS INFORMACIÓNS APUNTABAN A CABALLERO
O coche que circulaba en Vigo con exceso de velocidade era do tenente alcalde
Na mañá de este venres confirmouse que o coche que circulaba a 120 km/h nunha zona limitada a 50 estaba asignado ao tenente alcalde, Santiago Domínguez.
Redacción - 17:31 03/10/2008
Tags: Abel Caballero Santiago Domínguez Vigo
O propio Domínguez recoñeceu na mañá de este venres que o coche cachado cun exceso de velocidade de 70 quilómetros por hora pertencía ao seu servizo. Porén, o edil vigués afirmou que nese momento el non viaxaba no vehículo, que non estaba sendo utilizado para ningún acto oficial, xa que non había nada programado ese día. Así disípanse as dúbidas aparecidas despois dunhas primeiras informacións que asignaban o coche ao alcalde Abel Caballero.
Domínguez defendeu que até o momento non tivera queixa dos dous condutores que ten ao seu servizo. Agora só falta identificar a persoa que conducía o vehículo ese día para que poda ser posto a disposición xudicial, xa que se enfronta a unha pena que podería chegar aos seis meses de cadea.

Anonimo ha detto...

Os que amamos está cidade non queremos unha praza de España semellante á d Vallecas,Parla,ou Moratalaz.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

O engaño reside en cambiar a zona verde de abaixo por esas torres insulsas de 16 pisos. Poñan o verde, pero deixen o espazo. Ou fagan a torre, pero de dimensións colosais e fasquía inesquecible, que veñan de medio mundo a vela. Algo eu que sei, pero non esa cousa mediocre. E fea. Digo.