Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 giugno 2009

ALGÚN DÍA DA NOSA MOCIDADE


A Cesarín e a Isabel
A memoria enfraquece sobre datos, datas, tempos. Pero é viva cando se trata de lembrar a tarde en que quedamos en casa o meu irmán César, IPP e mais eu para vermos xuntos o que se anunciaba como novidade mundial, aquilo do que todo o mundo levaba falando había pouco tempo: o video de
Thriller de Michael Jackson. Naquela época a contemplación dun video era sempre unha celebración, primeiro pola singularidade do novo formato, que xa lograra conquistar os ollos da mocidade, e despois pola presencia dun artista único como era xa daquela Michael Jackson, sobre todo para unha mocidade como a nosa, máis afeita (non todos obviamente, aínda que os gustadores do soul ou do funk ou mesmo da música disco non eramos moi ben vistos, por horteras, entre outras finezas que daquela se gastaban) á música digamos rock nas súas distintas facetas, nas que entraban o progresivo aquel que se levaba tanto (os supertramp que tanto ama o gran don Juan da bloguería andante), o protoheavy (os acdc que reviven este ano) ou punkies (os clash dos nosos amores), entre moitos outros. Aquel artista, que reunía varias virtudes nun só pequeno e afiado corpo (baile, voz, escenografía), logrou conmovernos. Era distinto: unha mistura de fred astaire e james brown, con rasgos de cyborg. 
O meu irmán quedou prendado para sempre daqueles movementos e non había día que non tentara reproducilos, con tocada de eggs incluida, para escarallamento xeral. Hoxendía repite con habilidade os acenos de Michael e é capaz de cantar coa voz de falsete todos os vellos temas do Thriller que ten mallao na casa.
Sempre sentín unha admiración especial (non exenta de doses por igual de noxo e mágoa) por Michael Jackson, pero estes días, de certa conmoción, descubrín que o que admiraba nel en realidade se atopaba na cara do meu irmán cando saía o seu nome na conversa. Nese momento, o meu irmán se paralizaba, levaba as mans ás partes e emitía un sonoro berrido como se comezara a cantar Billy Jean. Hoxe, que vén a vernos, agardo por esta resposta. 
Só con iso amaremos sempre a Michael.    

10 commenti:

Turmano ha detto...

To escape the world I got to enjoy this simple dance / And it seemed that everything was on my side

(Blood on the Dance Floor)

Anonimo ha detto...

So get on the floor
and dance with me
I love the way you shake your thing
especially...

popthriller ha detto...

Non quero aguarvos a festa necrolóxica, da que todos participamos en maior ou menor grau, pero hai que recoñecer que o artigo de Enric González non está nada mal.

Pop
ENRIC GONZÁLEZ 29/06/2009

El final estaba maldito desde que alguien, supongo que un publicista a sueldo, colgó junto a su nombre el letrero de "rey del pop". El "pop", trasunto cultural de la producción en cadena y de la sociedad de consumo, concede a sus elegidos todos los bienes del mundo: riqueza, influencia, oleadas de veneración colectiva. Exige a cambio todos los bienes de la persona.

El acuerdo fáustico debe parecer satisfactorio en el momento de la firma: al fin y al cabo, ¿qué son los bienes de una persona, comparados con el mundo? No hablamos de territorio bíblico ni de tentaciones del desierto en un marco de trascendencia y de valores inmortales, sino de vida a secas, de tiempo que se esfuma, de gloria popular o anonimato íntimo. La elección está cantada.

Quienes firman conocen el precio. Tal vez no en ese momento, pero sí al cabo de poco, cuando se pagan los primeros anticipos: no, elegido insigne del "pop", tú no eres tuyo, eres nuestro. Perteneces al mercado, a nosotros que pagamos y tenemos derechos sobre ti. Ni vida privada ni derecho de réplica. Esto es el "pop".

Han de saber, por fuerza, que el final será tremendo. El "pop" acaba de cobrar su parte del contrato en el momento de la muerte. Para el elegido ya no cuentan las riquezas mundanas; para al "pop", en cambio, llegan las plusvalías: una vida completa, como un paquete cerrado, que se abrirá ante los ojos del mercado.

Incluso alguien como Michael Jackson, paradigma de la vida consagrada al "pop" desde la infancia, tenía que ser consciente de que le faltaba la subida póstuma al escenario. Subió el cadáver de Elvis, subirá el cadáver de Madonna, sube ahora el de Jacko para el moonwalk final. Exhíbete, elegido: lo queremos todo sobre el demerol, la morfina, el sufrimiento, la angustia. Lo queremos todo sobre tus sentimientos y tus fracasos íntimos. Queremos autopsias y revelaciones sensacionales. Queremos asegurarnos de que eras un monstruo. Queremos descubrir que aún tenías aspiraciones, que aún esperabas rebañar alguna satisfacción a tu existencia.

El "pop" somos nosotros y eres nuestro.

detective crepuscular ha detto...

Na maioría destes casos, o personaxe fabricado pola industria da música e do espectáculo acaba devorando o artista. Quen sabe se alguén pensou con bon criterio e obrou en consecuencia: Mellor morto de todo que 50 incertos concertos en Londres. Continúa o espectáculo. O número de vendas dispárase. O negocio vento en popa. Quen sabe. A especulación, a miña propia, tamén forma parte do espectáculo. Viva Guy Debord, o rei da sociedade do espectáculo.

detective crepuscular ha detto...

Que lle quer, don Arume, que lle quer; os anos, as penas e os quilos van rillando nun sen remedio. Non mo tome a mal, non me acuse de recorrer ao tópico, pero vexo os preparativos para o concerto de U2 hoxe á noite no Camp Nou e penso no lonxe que me queda todo iso. Onte á noite ofereceron un ensaio ou primeiro concerto para 500 "privilexiados" (Laporta entre eles) e outras 500 fans xa estaban ás portas do estadio preparados para o asalto. "Esta será a segunda noite que pase aquí", comenta a primeira fan da fila de espera. Que fermoso é non ser vello ou non sentirse vello e querer escoitar a U2. E hoxe 90.000 almas en-fan-garanse musicalmente no Camp Nou con Bono de mestre de cerimonias. Non sei a quen lle escoitei que pagara 120 € pola entrada. Póñase materialista e monetarista, don Arume, e multiplique 90.000 x 120, a ver se os ceros (e non se me vaia polos ceros de Úbeda) lle entran na calculadora. Xa sei, xa sei, que eses son os números dos grandes espectáculos e que os de U2 son formidáveis e que merecen iso e moito mais. Eu, pódeme crer, xa me pasou toda esa euforia e prefiro ficar na casa en boa compaña e darlle ao cava, como onte á noite, que este ano é o non parar de papar cava. Os papacavas. Ou se quer, e mira que xa é dicer, ficar lendo a Larsson, que acabo de comezar o primeiro da serie e non cambio a Blomkvist e a Salander por Bono (espero que non sexa un fan de Bono, porque me malla). Claro que se actuasen en Montjuïc, como outras veces, escoitaba o concerto sen entrada pero con cava; que así teño escoitado tantos e tantos, aínda non hai moito o de AC/DC (que poderío decibélico, chegaba con toda rotundidade á sala da casa). Con cava.

carrascus ha detto...

Ten razón Enric González, o diaño do rock esixiu a Michael Jackson o pago do seu acordo. O que ocorre é que este pago adoita pedirllo aos que lle venden a súa alma cando cumpren a cifra magica de 27 anos, como fixo con Jimi Hendrix, Brian Jones, Jim Morrison, Janis Joplin, Pete Ham, Les Harvey, Karen Carpenter, Johnny Kidd, Paul Kossoff, Nick Drake, Kurt Cobain, Tim Buckley... a Jacko fíxolle un contrato por case o dobre de anos. Seguramente por iso o seu pago está sendo muchísimo maior.

arume dos piñeiros ha detto...

U2, quen vén sendo? Bono canta? Co seu consogro?

carrascus ha detto...

Hombre, Arume... non se burle vostede de Bono que é co-parroquiano seu. ¿Non vió vostede que ben lucía onte á noite a samarreta do Barça?

detective crepuscular ha detto...

Cantar non sei se cantará, pero APABULLAR, como di un dos cronistas, vaia se APABULLA, a 90.000 e a mais que se lle poñan diante. E a 360º, nen mais nen menos. Vostede, don Arume, ríase, pero hoxe aquí non se fala doutra cousa. Agora mesmo, en TV3, estiveron tumba que dalle sobre o concerto, de maneira que hoxe os membros da comunidade catalana dividímonos en "xente que foi ao concerto" e "xente que non foi ao concerto". "E logo ti que pensas da Lei de Educación Catalana, luz verde hoxe no Parlament?" " Eu non penso nada, eu non fun ao concerto." Hoxe non teño outra resposta. O Florentino con palabras e camisetas galácticas e o Kaká con esa cara de neno bon levaron ao éxtase a 40.000 merengues, e o Bono APABULLOU e consagrouse ou "consogrouse" ante 90.000 a base de tecnoloxía galáctica. A guerra das galaxias. E mañá de novo á carga, outros 90.000a profanar o estadio das xestas messiánicas. Isto é a fin do mundo. Leo nunha das crónicas que algúns membros dun foro de fans de Valencia pensan "asistir a trece concertos da xira, mesmo viaxarán a Estados Unidos", e que unha parella de Albacete viñeron co neno de 9 anos porque "lle regalamos o concerto para a sua comunión". Iso é paixón polos colores, e non o de vostede polo Barça, don Arume, nen o dun servidor, que nen sequer fomos á final de Roma. Para que logo falen de crise. A min que non me digan, pero algo debe ter este Bono para despertar tanta idolatría, que mesmo o neno de 9 anos xa "balbucea o estribillo de With or without you" (segundo o amor de nai). E pensar que a min as suas mensaxes musicais e solidarias non me din nada... Está claro que eu xa son un refugallo musical e político para estes novos tempos galácticos que corren.

Turmano (ballstoucher) ha detto...

Ven o que ten a aldea global? Que non é tan global.
Un tipo que vive en Barcelona (neste caso concreto umbilicus mundi) cre que o concerto de Bono é O ÚNICO. Pois que saiba que aquí, a 1200 km, o tal concerto ocupou media cariña do periódico local e unha escasa do gobal (madrileño). Do concerto non fala nin dios, como se non existise, como se non fora.
Para a súa información direille que o ano pasado, da miña pequena vila foron varios grupos de amigos a ver a Springsteen (tampouco santo da miña devoción) a Madrid e o mesmo digo deste ano a ver AC/DC (a Madrid e a Barcelona). A ver a Bono, que eu saiba (e saberíao), nin dios.
Xa ve. Se quita os ollos uns intres do seu umbilicus, verá que todo iso non é tan importante. Nin moito menos. Un concerto máis da ducia de concertos do século que este verán pasarán por España (moitos deles por Barcelona) adiante.
Un dos problemas de vivir nesas grandes cidades onde viven vostedes é que é difícil mirar más aló de onde acaban. Pero xúrolle que hai un punto onde acaban e onde se apagan os ecos das cousas que pasan alí dentro. De verdade. Créame.
E falando de Bono... O que cantaba non era o consogro?
Aclaración: que non pareza que nada desto se di con acritude. É por tocar as pelotas.