Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 marzo 2007

UN CAFÉ

O que moita xente agoiraba: basta falar do que vale un café, aínda que polo baixo, para desmontar meses de conspiracións e destruccións de patrias indelebles. Manda carallo. Pola miña parte, no bar de abaixo 1,05. No de enfrente, 0,90.
Nota: na Curuxa, o gran restaurante da rúa Cesteiros, o mellor café de Vigo. E agasallo da casa.

9 commenti:

Marcos Valcárcel López ha detto...

No Café Real de Ourense, onde paro case a diario, o café anda xa no euro (hai pouco eran 90 cts.), aínda que eu consumo máis cañas, segundo días e horas. Hoxe daba gusto ver nos faladoiros da radio a falar de Zapatero e o café: ó mellor, sinxelamente, non lle gusta o café. E, como é obvio, se toma café, non será el quen pague, claro...

Anonimo ha detto...

Se ZP falaba dos meus cafés,clavouno.Sempre 80 cts.En tres sitios diferentes.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

A mín o que me parece insólito é o desperdicio, o lixo acumulado durante varios meses, case anos, falando de cousas que a xente lle dá polo (...). E agora vai un tipo de Pamplona e pregunta ao presidente canto vale un café e cambia a percepción da realidade. Puxo ao presidente diante da barra dun bar: o lugar onde un país enteiro, cedo ou tarde, sempre está. Esa é a terrible novidade. A de poñer as cousas no seu sitio. Non digo que o Presidente estivera ben: eu digo que hai que poñelo aí. A el e aos demáis.

Anonimo ha detto...

Todos, ou case todos, tomamos a broma a pregunta do prezo do café pero si tivo tanta transcendencia ós medios é porque hai algo detrás máis importante co cómico: ensinarnos o divorcio que existe entre a sociedade e o poder que descoñece a realidade.

Anonimo ha detto...

A sociedade tamén descoñece a realidade.

Anonimo ha detto...

Para mín o asunto é se un presidente (que como di Marcos e resulta obvio non leva solto desde hai moito tempo) podería contestar, sinxelamente, "non o sei". Eu non vexo problema. "Non o sei". É sinxelo. Pode explicar: "como vostede pode supoñer non vou moito aos cafés desde que son canditato á presidencia, e inda menos desde que son presidente." E punto. Que quedaría claro que vive desligado da rúa? Por suposto. Iso xa o sabemos.

Anonimo ha detto...

Pois a min pásame o mesmo que ao Presidente Zapatero: non sei canto custa un café. Estarei, daquela, tamén eu fóra da realidade?

Cando tomo café nun bar ou nunha cafetería, pago e xa está. Non me fixo no seu prezo. Folga dicir que non tomo demasiados cafés fóra de casa.

besbe ha detto...

Pois eu tampouco sei canto custa un café, é máis, eu diría que 50 céntimos pq onde máis tomo é na máquina do traballo, así que...por outra parte non vin a entrevista a Zapatero porque entre que cheguei tarde a casa e que non me lembraba,non puido ser.

Polo que lle oín á xente que falou dela, o que máis botaron en menos foi a claridade das preguntas referidas a temas concretos pero dende unha perspectiva algo máis global...non sei.

Haberá que parar por esas cafeterías de Vigo :)

torredebabel ha detto...

Non me lembro se foi Borges quen o dixo, pero fora el ou calquera, é evidente que o sentido común é o menos común dos sentidos. Tanto para o presidente coma para os medios.