Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 ottobre 2008

TÓR CULO


Non teño relación algunha con eles, pero cando vin hoxe en El correo gallego que cumprían 25 anos de negocio pensei que algo dese éxito se debe a nós, estudantes da veciña facultade de Mazarelos que entrabamos naquel fuchinoco modestísimo para facermos fotocopias. Que aquel recuncho ínfimo (con aquel pequeno condón granulado no furabolos para contaren as páxinas) rematara nunha empresa de artes gráficas que factura 6 millóns de euros ao ano é un misterio que non ouso descifrar: simplemente quixera aproveitar esa noticia para botar un pouco de nostalxia a esta noite fría dun final de outubro de 2008.

10 commenti:

Anonimo ha detto...

Unha mágoa que o conseguisen a base de darlles a empregados e bolseiros en tor culo.

Hai anos que na redonda de mazarelos os boicoteamos como fotocopiadora, polo menos que seguisen usando o condón...

Nuca ha detto...

efectivamente, manda carallo!!! eu tamén compraba "fascículos"

Anonimo ha detto...

Había outra facultade veciña, que conste. Digo como Occam: manda carallo!
De tódolos xeitos eu coido que a primeira fotocopia que fixen na miña vida foi noutro local, unha papelería ou quiosco, non lembro ben porque nunca entrara e nunca máis entrei, que estaba saíndo de Historia camiño do Preguntoiro, a man dereita nada máis pasar a estatua de Alfonso II. Tiñan alí unha das primeiras fotocopiadoras, daquelas que traballaban cun papel así como satinado e que non se podía tocar ata pasados uns minutos porque se corría (con perdón) a tinta ou o carboncillo ou o que quera que fose. Inda non abrira Tórculo e costárame a fotocopia non sei se un peso ou algo así: unha barbaridade.
Turmano

folerpa ha detto...

Moitos cartiños deixei eu tamén fotocopiando apuntes de dereito.O tempos, o mores!

R.R. ha detto...

¡E eu! ¡Cabróns! ¡Xa me parecía a min que era caro!

Anonimo ha detto...

Que bonitos recordos! As fotocopiadoras (un dos poucos choios boiantes no Santiago dos anos 80, xunto coas inmobiliarias e os locutorios); os simpáticos comerciantes santiagueses (sempre tan ben avindos cos estudantes); os pisos espidos de toda suntuosidade (por ex. de lavadoras); os menú de estudante coas inevitábeis lentellas (por exemplo, os sitos na calle/rúa Nueva/Nova); o insuperábel prato combinado do "Maza" (patacas fritidas, ovo fritido, chourizo fritido); o cafeliño no París coa partida de cartas; os pubs para a noite dos xoves (Metate, Fucoloi, A borriquita de Belem); a discoteca do Araguaney (qué de gachises núbiles); a librería Follas Novas co seu solícito libreiro; a fonte que hai fronte ao convento de Santa Clara (que nos acompañou nas pescudas por aquela rapaza de pel de leite fervido que moraba por Basquiños); as saudadoras escaleiras fronte á estación da RENFE (qué lizgairas as maletas); aquelas tardes frías e chuviosas de outono, co ceo de chumbo a caer sobre o Pedroso...
Vinteuil

Anonimo ha detto...

Polo que se ve, os de "Tor culo" se forraron a costa dos que faltaban a clase e logo fotocopiaban dos chapons. O que esté libre de culpa que tire a primeira pedra.
Lula Fortune.

Ana Bande ha detto...

Já, Lulita, me lo sacaste de la boca...nunca me lo hubiera/ese imaginado, occam, arume...¿pero ustedes no eran los que frecuentaban tanto aquella tertulia del maïami...hagan memoria plis...

Anonimo ha detto...

Ya vinieron las chaponas. ¡A joderse, que con vuestro trabajo y nuestras birras en terraza sacamos igual la carrera!

Anonimo ha detto...

¡Viva Tórculo aunque nos haya timado durante años (muchos)!